Beiras, castigado sen soldo 15 días tras ser expulsado do Parlamento

O líder de AGE dirixiuse ao escano do deputado popular Miguel Tellado para increpalo tras rirse del durante unha intervención sobre o hospital de Vigo. Foi expulsado no momento polo presidente da Cámara, Miguel Santalices. Tampouco poderá exercer actividades parlamentarias durante a súa sanción. Vídeos no interior.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/03/2016 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento de Galicia, Xosé Manuel Beiras, quedará sen soldo e sen poder exercer a súa función de deputado durante quince días logo de ser expulsado da Cámara por increpar a un deputado popular.

Beiras diríxese a Feijóo no Debate do estado do país
Beiras diríxese a Feijóo no Debate do estado do país

Esta medida, recollida no Regulamento da Cámara no seu artigo 108, nunca fora aplicado nesta lexislatura a pesar de que o veterano líder nacionalista xa se tiña encarado con oturos deputados do PPdeG, incluído o propio presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.

Pero desta volta, ao novo presidente da Cámara, Miguel Santalices, non lle tremeu a man para aplicar unha sanción que deputados da oposición consideran esaxerada. Algúns deles, como a deputada de Cerna, Mónica Fernández, mesmo renunciou a súa quenda noutra iniciativa para solidarizarse con Beiras e abandonar a tribuna de oradores sen intervir.

Este novo incidente na Cámara tivo lugar logo de que Beiras defendera unha iniciativa para tentar "rescartar" das empresas privadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Unha proposta que rexeitou o PPdeG.

Neste vídeo, de Voz TV, pódese ver o momento do enfrontamento con Miguel Tellado:

Xosé Manuel Beiras no Parlamento de Galicia
Xosé Manuel Beiras no Parlamento de Galicia

E neste, do Parlamento, o que aconteceu durante a súa intervención:

Despois do debate, Beiras dirixiuse ao escano de Miguel Tellado, portavoz do PPdeG, para afearlle que se rira del durante a súa intervención. "Estaste rindo da cidanía", espetoulle. Acto seguido, Santalices díxolle que estaba expulsado en aplicación do artigo 108 do regulamento da Cámara. De feito, ordenou a paralización momentánea do pleno ata que o líder nacionalista acccedeu a marchar del. "Terá sanción", engadiu Santalices que o despediu cun irónico "que teña vostede un bo día".

Previamente, e durante a súa intervención, Beiras dirixiuse á bancada do grupo Popular para dicirlle aos seus deputados que "se queren guerra, téñena en Vigo". "A súa derrota é inexorable, con Beiras ou sen Beiras, pola cidadanía que está farta de vostedes. É unha derrota inexorable", afirmou o portavoz de AGE.

O portavoz de AGE subiu o ton das súas críticas e acusou os parlamentarios populares de antepor "o seu enfeudamiento, cos sátrapas que estafan a toda a cidadanía do Estado español, eses corruptos, ás súas obrigacións cos cidadáns que os votaron". "Como dicía Fole, matar non te matarei, non temos esa intención, pero vouche a botar de España", dixo.

Nunha intervención posterior, o deputado popular Agustín Baamonde acusou a Beiras de tentar representar no Parlamento de Galicia "unha comedia permanente", mentres que Mónica Fernández e Consuelo Martínez, de Cerna, decidía marchar en solidariedade con Beiras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

9 nostrus

Beiras se ha convertido en la salsa rancia del Parlamento de Galicia, en el ultimo bufón del reino que ya no hacen gracia sus payasadas, pero que sigue dando la nota porque es la forma que tiene de esparcirse y desparasitarse.

1 o Beiras de GC

Aplícate o conto porque Beiras no Parlamento é o que és tí en GaliciaConfidencial.

8 Helena

Sabiades que Miguel Tellado foi defendido pola CIG nun despedimento e que aínda non pagou ós servizos xurídicos da CIG esa prestación de servizos?

7 Sesese

15 días sin sueldo? Non lle pasa nada, outros levan anos no paro e con fillos a cargo. Esos si teñen problemas

6 O circo repetido

Beiras e o seu circo xa estan pasados. Tellado, o simplon do discurso facil, burla barata e lugares comuns, ben sendo un simple papagaio. Por tiba o arbitro actua con grande parcialidade, lembremos que Santalices ben sendo un peon do cacique maior de Ourense (omito o nome do abusador, pois en Galicia Confidencial censuran comentarios que critiquen ao virrei, cousas da informacion in-dependente...). Os galegos precisamos outros politicos (que ainda non naceron, politicamente falando).

5 Ele! arsa!

Que bulhas e noxentos son os políticos espanhois.