O fiscal de tráfico critica a especial permisividade dos galegos co alcol

A tolerancia social co consumo de alcol ao volante e a avanzada idade de moitos condutores son os dous grandes problemas específicos de seguridade vial no país, como proban os accidentes de Muros e Baiona.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/03/2016 | Actualizada ás 16:14

Comparte esta noticia

"En Galicia hai un problema grande: a tolerancia social cara ao consumo de alcol na condución. Diminuíu pero seguímolo tendo". Son palabras de Carlos Gil, o fiscal especilizado en asuntos de Tráfico en Galicia, en plena operación retorno da Semana Santa. 

Carlos Gil, fiscal de tráfico
Carlos Gil, fiscal de tráfico

As súas declaracións á CRTVG coinciden cun novo accidente causado por un condutor bébedo. Foi en Muros, onde un mozo -que deu positivo na alcolemia e no control de cánnabis- supostamente perdeu o control do seu coche impactando cun que viña de fronte, morrendo unha pasaxeira. 

Carlos Gil ve necesario aumentar a sensibilidade da xente para que se decidan a tratar esta adicción. O fiscal recorda que a maioría dos positivos non son por motivos lúdicos, senón cometidos por xente que bebe e conduce a miúdo. 

Conducir bébedo causa o 77% das denuncias por delitos de tráfico. Outro dos problemas específicos dos condutores galegos é avanzadísima idade de unha parte relevante deles. O recente accidente de Baiona, no que unha persoa maior levouse por diante a un pequeno pelotón de ciclistas, puxo o foco sobre a necesidade de controlar a capacidade  real das persoas que renovan o seu permiso máis alá do examen psicoténcino.

O fiscal defendeu a labor de control de Tráfico e dos psicotécnicos, reducindo os problemas a unha minoría de casos. Así, asegura que neste ano Tráfico fixo máis de 230 inspecións extraordinarias e só en 12 casos detectaron condutores incapacitados para conducir .

Agora ben, Gil defende que cómpre que os psicotécnicos teñan acceso aos historiais médicos do Sergas. Ademais pide axuda ás familias dos condutores de avanzada idade, para que denuncien os casos das persoas incapacitadas que, así e todo, non queren deixar o volante. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Fisco-facenda das estradas

Outra voz do seu amo, que bota toda as culpas a esgallo, sobre todos os galegos, como medio ruín de agachar uns aperellos do estado español, mais interesados en recaudar metendo multas, que na seguridade das vias galegas. Unha xustiza expañola mais interesada en meter na cadea a independentistas e presos políticos galegos sen probas, que afastar reincidentes e non aptos que cunstituian un perigo para a seguridade vial.

2 Sesese

Sr Fiscal, o que di vostede da permisividade non e certo. E cos vellos pasa como cos novos unhos poderan conducir e outros non. Sexa bo fiscal e non estigmatice

1 Gamela

O tema dos ciclistas non ten perdón... Unha recta inmensa e únicamente podemos explicar o feito polo "odio" que se lles ten aos ciclistas cando a súa presenza na estrada impide aos artistas do volante darlle caña e iso de frear nunha recta tódolos chulos deste mundo do motor o levan mal... Ata o punto de pensar que podía saltarse un pelotón de ciclistas a 120 Kms/h e cando lle saiu mal a xogada... disque eran os ciclistas os que ían a 100 mentras o octoxenario afirma que ía a 60 km/h !!! Basta esa declaración no xulgado para saber que o único CULPABLE é o conductor do Mercedes (e non ten nada que ver coa idade do paisano!) Ten moito que ver coa súa MALA OSTÍA e pouca vergoña á hora de rebasar ciclistas coma se foran estorbos nas estradas do pais...!!! Estamos fartos de tanta MENTIRA!