Cal é o futuro do nacionalismo galego?

Dirixentes de CxG, a Marea, Somos Nós e ex dirixentes do BNG analizarán a actual situación do nacionalismo galego nunha xornada na Coruña.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 05/04/2016 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

Carlos Aymerich, Xoán Bascuas, Ana Luisa Bouza, Alba Nogueira, Lourenzo Fdez. Prieto e Xavier Vence participarán o vindeiro venres 8 de abril, na Facultade de Dereito da UDC, nunha xornada de debate sobre o futuro inmediato do nacionalismo galego e a súa conexión coas demandas da sociedade.

Xavier Vence, ex líder do BNG, exercendo o seu dereito ao voto
Xavier Vence, ex líder do BNG, exercendo o seu dereito ao voto

Así, estes destacados militantes nacionalistas abordarán o futuro do nacionalismo galego e a súa conexión coa sociedade, baixo a premisa de "por que fracasa o nacionalismo galego no seu obxectivo de ser maioritario". Tamén falarán sobre as formas de organización e cooperación, tanto electorais ou outras, que pode adoptar o galeguismo e que sexa sostible no tempo con posibilidade de éxito.

Baixo o lema de “Nacionalismo e sociedade galega”, a xornada constará de dúas mesas de debate e unha rolda aberta de intervencións. Na primeira, sobre “Sociedade galega", intervirán, estudantes, membros da universidade da empresa e profesionais de entre 20 e 40 anos. Ofrecerán a súa visión acerca de "por que o galeguismo non consegue ser maioritario en Galicia e como conectar mellor coa sociedade". 

Posteriormente, nunha segunda mesa participarán políticos de distintos partidos nacionalistas e galeguistas: Carlos Aymerich (ex Deputado do BNG), Xoán Bascuas (Secretario Xeral de Compromiso por Galicia), Ana Luisa Bouza (Vicepresidenta da asociación Somos Nós), Alba Nogueira (BNG), Lourenzo Fdez. Prieto ("Compromiso coa Marea") e Xavier Vence (ex-Portavoz Nacional do BNG). 

O ex voceiro parlamentario do BNG e ex militante desta formación, Carlos Aymerich, valora os resultados das eleccións galegas
O ex voceiro parlamentario do BNG e ex militante desta formación, Carlos Aymerich, valora os resultados das eleccións galegas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

3 Vega Sicilia

Eu penso que a UPG debería facer unha xuntaza pra evaluar a situación, o viño que o poña Antón Bao.

2 Valdeorras Nazón!

O nacionalismo galego está en feliz extinción a piques de finiquitar a súa siniestra historia de mentiras históricas, corrupción e parasitismo nas administracións públicas. Quedará a xerontocrática seita, upegalla, os liberados da CIG e catro colgaos. O demais, o caciquismo de sempre.

1 A túa casa Nazón!

Hai máis nacionalismo que o que ti defines, Y LO SABES!

1 Facemos?

Non sei o que debatirán, máis conviña que se puxeran de acardo en facer un tecido alternativo social en Galiza, de xeito Cooperativo, no leite, no agro, nos servizos, nas finanzas, na industria, no ensino, na sanidade, nos medios de comunicación... e onde os hai potencialos apoiar pra que non morran. Un tecido social e economico alternativo popular ao marxe do estado da xunta do PP-PSOE-da nación (excluínte ) española. Seique se me entende, e incluso se comprende, pero hai que ser valente e facer Pais.

1 Opinante...

O país fa-se com isso mas também nas questões simbólicas, criando um imaginário nacional galego na sociedade... E há muitas formas de fazer isso...