A Xunta defende as cámaras de vixilancia en colexios por prevención

Di que facilita a convivencia dos centros escolares e que vai ser entendida como positiva. Ademais lembra que outras autonomías xa instalaron cámaras.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/04/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, considerou este martes que o uso de cámaras de videovixilancia na contorna escolar facilita a “convivencia” e  "axudan moito a previr" situacións de risco.

Cámara de videovixilancia
Cámara de videovixilancia | Fonte: gruporodych.wordpress.com

Por iso, inisistiu en que calquera das medidas orientadas a facilitar a convivencia dos centros escolares vai ser entendida como positiva desde o Executivo galego. En todo caso, suliñou que a Comunidade "non ten un problema grande, nin moito menos, no campo da convivencia nin tampouco no campo do acoso".

Estas cámaras de videovixilancia pódense instalar dentro do centro, e en zonas comúns como o patio ou o comedor, cando sirvan para a prevención de danos aos menores, pero o seu uso está enmarcado no protocolo de protección de datos no que se recolle toda a normativa referida a información persoal, cesión de datos ou tratamento de imaxes dos estudantes da Xunta.

De feito, durante a súa participación no almorzó “Fórum Europa. Tribuna Galicia” este martes en Santiago, o responsable de Educación do Goberno de Galicia dixo que estas cámaras "axudarán" ao profesorado para facer seguimento de problemas de convivencia nos centros educativos

Ademais, destacou que "algúns centros" doutras autonomías xa teñen instaladas este tipo de cámaras, mentres que desde a Xunta proponse darlle unha "senda de seguridade xurídica" ás mesmas, para contribuír a salvagardar os dereitos dos nenos, enmarcando estas gravacións en lexislación referente á protección de datos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Úrsula Rábade

Prefiro o método no que os propios alumnos se axudan, que tamén utilizan en outros centros educativos, si as cousas se fan por imitación, ollo a quen se imita!!