Temas: CORCOESTO MINA

O Concello de Cabana usa recursos públicos para defender a mina de Corcoesto

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños denuncia que o municipio está actuando en contra dos intereses xerais da poboación e di non entender porque quere defender os intereses privados da multinacional canadiana.

Por Galicia Confidencial | Cabana de Bergantiños | 08/04/2016 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños acusou este venres ao alcalde de Cabana de Bergantiños (A Coruña), José Muiño, de usar recursos públicos para defender os intereses da empresa mineira que se ía a encargar de explotar a mina de Corcoesto.

Contra a mina de ouro en Corcoesto
Contra a mina de ouro en Corcoesto | Fonte: Bocixa Tingalaranga

Nun comunicado, esta asociación critica duramente ao concello por personarse no contencioso administrativo interposto no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) pola compañía contra a Xunta de Galicia por denegarlle a aprobación do proxecto mineiro.

"Que se lle perde ao Concello de Cabana neste contencioso e en virtude de que competencias atribuídas á Alcaldía ou ao pleno do Concello foi tomado este acordo, pois entre esas competencias, non están as relativas á minería?”, pregúntase. Así, lembra que esta explotación da mina contou cunha forte oposición social, tanto dentro do concello como no resto de Galicia.

"Aínda que fose aprobado o proxecto mineiro, ao ser tramitado como industrial estratéxico, o Concello non tiña dereito ao cobro de ningún tipo de imposto relacionado co mesmo, nin a ningún outro beneficio económico pola vía de taxas ou outro tipo de contribucións", engade.

Ademais, insiste en que "a non aprobación do proxecto non supón prexuízo algún para o Concello polo que deba ser resarcido, e por tanto, por esta vía tampouco se xustifica este personamento". Por iso, denuncia que se están utilizando recursos públicos para defender os intereses da empresa mineira fronte á Xunta de Galicia", o que "supón actuar tamén en contra dos intereses xerais da poboación do Concello e dos propios intereses xerais de Galicia".

Temas: CORCOESTO MINA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta