As obras dunha compañía telefónica danan unha fervenza no monte Xiabre

O entorno da fervenza foi inzado e postes de cemento, aínda que no proxecto orixinal se recollía que os cables ían ser soterrados ou en postes de madeira.

Por Galicia Confidencial | Catoira | 11/04/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

As obras de tendido telefónico da empresa Vodafone danaron o entorno da fervenza de Fridauga, no monte Xiabre, entre Catoira e Caldas de Reis. Así o denuncia Anova-Umia que destaca que estas actuacións non dispoñen da pertinente autorización.

Fervenza Fridauga, entre Catoira e Caldas, afectada polo tendido dunha compañía telefónica
Fervenza Fridauga, entre Catoira e Caldas, afectada polo tendido dunha compañía telefónica

A liña discorre por monte veciñal de tres comunidades, a de Saiar e Bemil en Caldas de Reis e a de Abalo en Catoira. O proxecto, que inicialmente tiña prevista tramos soterrados  ou liña con postes de madeira, modificouse en gran medida e provocou un maior impacto coa colocación de postes de cemento, precisamente, e segundo denuncia esta formación, a instancia dalgunha Xunta de Montes.

O proxecto, de canalización e tendido de cable para enlace Fibra óptica dende a utopista AP-9 ata o monte Xiabre de Vodafone, non conta con autorización que lle correponde outorgar o Ministerio de Industria nin a solicitude da mesma, segundo confirmou o Servizo Provincial de Inspección de Telecomunicacions.

Ademais, e a vista do expediente, constatouse que as obra da liña en execución non contan coa preceptiva autorización de Medio Rural. Por iso, esta formación puxo esta situación no seu coñecemento e lembran que non é a primeira vez que se producen danos neste entorno natural, tal e como aconteceu cun cortalumes, nos anos 2005 e 2015.

Por outra banda, o Valedor do Pobo admitiu a trámite a queixa en relación coa ocupacion de cauce do rio e os danos causados a fervenza e pediu información ás administracións competentes.

A contorna da fervenza Fridauga, afectada por Vodafone
A contorna da fervenza Fridauga, afectada por Vodafone

"Dende ANOVA lamentamos que sexan precisamente alguns  xestores do monte veciñal os que non sexan capaces de respetar e compatibilizar os usos do monte coa preservación dos espacios singulares  que polo seu valor patrimonial ou medioambiental son tamén un recurso económico permanente e de futuro, orgullo para os veciños da zona, que contribuen a dinamizar a economía con un turismo ecoloxico que repercute e beneficia  outros sectrores económicos da zona", suliña nun comunicado.

Fervenza Fridauga, entre Catoira e Caldas, no monte Xiabre
Fervenza Fridauga, entre Catoira e Caldas, no monte Xiabre
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 os do ISIS