Aymerich participa na conferencia política de ANOVA

O ex-voceiro parlamentar do BNG defende unha candidatura unitaria e di que hai moita xente esperando a que se aclare a situación política da esquerda.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/04/2016 | Actualizada ás 21:42

Comparte esta noticia

A presencia de Carlos Aymerich hoxe nas primeiras filas da Conferencia Política de ANOVA- ao lado do líder Xosé Manuel Beiras- suscitará comentarios na esquerda galega -inmersa na negociación dunha confluencia e na busca dun cabeza de cartel. Consciente do significado da imaxe, o ex-voceiro parlamentar do BNG quixo quitarlle ferro á súa presencia.

Aymerich na Conferencia Política de Anova
Aymerich na Conferencia Política de Anova | Fonte: JoshuaJuarezPaz

Así, o ex-deputado enmarcou a súa presencia na normalidade das relacións entre nacionalistas e na resposta a unha invitación.

Aymerich foi moi claro nas súas preferencias para as autonómicas: unha candidatura unitaria de esquerdas, non supeditada a un estratexia partidaria e en clave galega. Un punto de vista similar ao expresado con anterioridade por Xosé Manuel Beiras.

O político non milita en ningunha forza  despois de que deixara o BNG na súa recente Asemblea Extraordinaria. Hoxe dixo que hai moitos nacionalistas  "sen teito" están agardando a que se reconfigure o mapa político para tomar unha decisión. O profesor da UDC estivo acompañado por varias persoas de Abrente, a corrente na que se organizaron no Bloque os máis próximos á socialdemocracia tras a Asemblea de Amio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

9 Ana Mascuñana

Aymerich e Pérez Bouza levan meses tramando...polo seu futuro político PERSOAL. Os proxectos colectivos, as ferramentas, o País...todo rollo. Unha vergonza de clase política. O 23 de abril presentan un novo colectivo de intereseses de grupito. Qué pena, en qué acabou a "revolta de Amio".

7 balbino

Este Aymerich é un cachondo, acaba de sair do BNG e xa está en primeira linea en Anova, Esperou a que o seu anterior partido no tivese representación para saltar do barco, e non aceptou o que se escolleu democráticamente.

6 Sesese

Damoslle a volta a chaqueta volao

5 case un todo pirolos

Menos mal que poñen a Alexandra se non a foto sería un "todo pirolos" polo menos aquí véselle e non coma no grupo paralmentario de podemos. E do aymerich que risa, vese que hai canteira. Hai un mes na coruña 1500 persoas dicían que eran pouco e eles aghora son cen na mesma cidade... vamos canto se lles vaia o bluf e a xente quitémoslle a máscara... porque claro eu diría que o martiño, o beiras o aymerich nova política... non che son. Máis ben da vella guarda