O pobo saharauí ten o apoio do Parlamento galego

Todos os grupos da Cámara instan aos membros do Consello de Seguridade da ONU que prioricen o diálogo para obter, canto antes, "unha solución xusta e definitiva".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/04/2016 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia promulgou hoxe unha declaración pola cal expresa o seu apoio á liberdade do pobo saharauí e insta as autoridades, tanto españolas como da ONU, a tomar medidas para reforzar a súa autonomía.

Marcha en apoio do pobo saharauí entre Padrón e Santiago
Marcha en apoio do pobo saharauí entre Padrón e Santiago | Fonte: teinteresa.es

Neste documento considera "imprescindible" o reforzo da presenza da MINURSO nos territorios ocupados, de maneira que poida asumir o labor de vixiar e salvagardar os dereitos humanos da poboación do Sahara Occcidental.

Ademais, o Lexislativo galego pide ao Goberno de España e aos membros do Consello de Seguridade da ONU que prioricen o diálogo para obter, canto antes, "unha solución xusta e definitiva" que leve á práctica o recoñecido dereito de autodeterminación do pobo saharauí mediante a celebración dun referendo.

Ademais, reclama "garantías de transparencia e legalidade" nos procedementos xudiciais abertos contra os presos saharauís que participaron no campamento de protesta de Gdeim Izik. Estas actuacións reafirman o compromiso asumido tras a firma dos últimos acordos da conferencia Intergrupos Parlamentarios Paz e Liberdade no Sahara Occidental.

Actualmente, existe un conflito aberto entre o organismo supranacional e o goberno de Marrocos, que controla a zona, tras a expulsión do país de 73 membros da Misión das Nacións Unidas para o Referendo do Sahara Occidental (MINURSO) e da negativa do Goberno de Rabat a recibir ao secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 galegoexiliado

Si, eu tamém apoio ó pobo arábe da Provincia Española do Sájara, menos a aqueles que tentaron matarme disparándome en varias ocasions. E tamén apoio a aqueles que secuestraban mariñeiros galegos. Claro que ó mellor foi porque eu era un blanco imperialista e colonialista e non un progre buenista. Tamén apoio ós refuxiados españois e galegos que malviven e durmen nas ruas de Galiza.

1 Fito A T

¿Se te están a roubar non te defendes? ¿Ti deixas que expolien toda a tua riqueza sen facer nada? Penso que é licito e de xustiza defender o que é teu. E por suposto que toda a solidariedade, tamén, cos galegos, españois, sirios, palestinos, ... con calquer pobo que sufre unha violación sistemática dos seus dereitos.