Os estudantes toman as rúas galegas en protesta contra as reformas educativas do PP

Denuncian leis como a LOMCE, a implantación do 3+2 nos estudos universitarios ou o sistema de reválidas. A organización estudantil Erguer cifra o seguemento da folga en máis do 90%.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/04/2016 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

Os estudantes tomaron distintas localidades galegas para protestar contra as reformas educativas do Goberno do PP tanto no ensino medio como no ensino universitario e pediron ás administracións que defendan o ensino e a construción dun futuro.

Unha das actividades dos estudantes de Erguer. Estudantes da Galiza
Unha das actividades dos estudantes de Erguer. Estudantes da Galiza | Fonte: Erguer

Con consignas contra a recuperación do sistema de reválidas, a LOMCE, a implantación do 3+2 en estudos universitarios ou as trabas que o texto impón ás carreiras de Humanidades, pola súa escasa eficiencia económica, marcharon por distintas urbes e concellos galegos.

"A vixencia das leis promovidas polo PP en materia educativa como son o 3+2 e a LOMCE son o motivo desta convocatoria", denuncia o colectivo estudantil Erguer, contrario a estas normas "antidemocráticas" e partidario dun ensino "de calidade".

Esta organización estudantil denunciou que son os estudantes os que "padecen en primeira persoa a precariedade á que os recortes levan a educación".

En Santiago foron centos os estudantes que participaron na manifestación, que como no resto de cidades, comezaron en torno ao medidía. Nestas protestas tamén particparon dirixentes do BNG e de Anova, entre outros.

Un grupo de estudantes apoia a folga estudantil en Pontevedra
Un grupo de estudantes apoia a folga estudantil en Pontevedra | Fonte: Erguer

Na Coruña, medio milleiro de estudantes, segundo a Policía local, participaron tamén na manifestación convocada pola organización estudantil Erguer, que transcorreu con normalidade desde o seu inicio na Praza de Vigo até Os Cantóns.

Segundo fontes de Erguer as cifras de seguimento da greve estudantil sitúanse entre o 90% no ensino medio e o 95% no universitario. 

Manifestación dos estudantes polas rúas de Compostela
Manifestación dos estudantes polas rúas de Compostela | Fonte: Erguer
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

6 fartodefolgas

Pobres niños de la foto. La mayoría no sabe ni se imagina lo que representa la estrella comunista ni como sería la vida en un país socialista de los que crearon dicha simbología. Respecto a la huelga, es lo de siempre, lo de tantos y tantos años. Día de fiesta, no ir a clase, dar rienda suelta a la testosterona y el furor revolucionario y a ver si pillamos algo (de lo que sea) por ahí. Le pregunté a un chaval a las puertas de un Instituto de Santiago que por qué hacía huelga y me contestó que no tenía ni pu.. idea, que iba a la mani para pasarlo bien y reirse un rato con los amigos. Hasta ahí llega la gran mayoría de quienes asisten a estas movidillas. Son el futuro... Jo...lines que cruz

5 aCJn

Xa lles poden ensinar a escribir, porque iso de "imposiçons" non é galego, nin portugués, nin idioma real coñecido.

1 Sesese

Ainda siguen inventando o galego .

4 Gamela

Semella que todo volve comezar de novo... os que aínda lembramos ERGA fainos gracia esta nova confluencia denominada ERGUER / http://erguer.gal/gl/quen-somos // Supoño que chamarse "Estudantes Revolucionarios Galegos" veríase hoxe coma algo anacrónico ? De calquera xeito o problema non sos os nomes senon a UNIVERSIDADE (os elefantes móvense con lentitude!) A Folga tivo éxito agora haberá de darlle futuro aos Estudantes Galegos (?)

3 adelfran

Se estudiárades e vos deixádeses de caralladas, moito mellor sería. Calquera cousa é unha boa excusa para non ir á Facultade. Sodes todos un atallo de vagos que nunca chegares a ningures.

1 John McNamara

Que o dis, por tí?

2 John McNamara

Parabéns ao nacionalismo pola mobilización e éxito de hoxe na Galiza. Parabéns a Eguer, Estudantes da Galiza. Onde estaban os Podemitas?, desde que existe PODEMOS descenderon as mobiliazacións sociais. Forza EGUER!!!

1 Dores

Bloqueiro Nervioso.

2 comunista independentista

"Onde estaban? Cales eran?" Hai que ver canto policía frustrado engorda dentro do que queda do BnG. Pois mira, tendo en conta que ERGUER-Farsantes con Preguiza non pasa d@s 50 militantes, entre tod@s @s demais estudantes seguro que había "podemitas", " anovitas", "mareantes" e de todo o que odiades.

3 Comunista de verdade

Cando pensan os mareantes pedir perdon aos militantes de IU expulsados por Yoli procesiones por denunciar a presenza de pornografía infantil nos ordenadores de Izquierda Unida? Cando pensa dimitir Yly por expulsar aos denunciantes e contratar a perpetuidade ao presunto pederasta?

4 Dores

Mmmm.... a ver que o penso... Cando Paco saia do armario? Cando alguén pida perdón polo de Reganosa? Polo de Carrumeiro Media? Pola complicidade do BNG coa corrupción no Concello e na Deputación de Lugo?

5 Comunista

Por moito que manipulen as galerías de imaxes, de que empapelaran de pegatas de ERGUER a estudantes depistados e de que conten coa cumplicidade do Sermóns Paliza, todo o munod sabe que foi un grande éxito do estudantado e un rotundo fracaso do chiringuito afín ao BnG.