Os estudantes toman as rúas galegas en protesta contra as reformas educativas do PP

Denuncian leis como a LOMCE, a implantación do 3+2 nos estudos universitarios ou o sistema de reválidas. A organización estudantil Erguer cifra o seguemento da folga en máis do 90%.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/04/2016 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

Os estudantes tomaron distintas localidades galegas para protestar contra as reformas educativas do Goberno do PP tanto no ensino medio como no ensino universitario e pediron ás administracións que defendan o ensino e a construción dun futuro.

Unha das actividades dos estudantes de Erguer. Estudantes da Galiza
Unha das actividades dos estudantes de Erguer. Estudantes da Galiza | Fonte: Erguer

Con consignas contra a recuperación do sistema de reválidas, a LOMCE, a implantación do 3+2 en estudos universitarios ou as trabas que o texto impón ás carreiras de Humanidades, pola súa escasa eficiencia económica, marcharon por distintas urbes e concellos galegos.

"A vixencia das leis promovidas polo PP en materia educativa como son o 3+2 e a LOMCE son o motivo desta convocatoria", denuncia o colectivo estudantil Erguer, contrario a estas normas "antidemocráticas" e partidario dun ensino "de calidade".

Esta organización estudantil denunciou que son os estudantes os que "padecen en primeira persoa a precariedade á que os recortes levan a educación".

En Santiago foron centos os estudantes que participaron na manifestación, que como no resto de cidades, comezaron en torno ao medidía. Nestas protestas tamén particparon dirixentes do BNG e de Anova, entre outros.

Un grupo de estudantes apoia a folga estudantil en Pontevedra
Un grupo de estudantes apoia a folga estudantil en Pontevedra | Fonte: Erguer

Na Coruña, medio milleiro de estudantes, segundo a Policía local, participaron tamén na manifestación convocada pola organización estudantil Erguer, que transcorreu con normalidade desde o seu inicio na Praza de Vigo até Os Cantóns.

Segundo fontes de Erguer as cifras de seguimento da greve estudantil sitúanse entre o 90% no ensino medio e o 95% no universitario. 

Manifestación dos estudantes polas rúas de Compostela
Manifestación dos estudantes polas rúas de Compostela | Fonte: Erguer
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

1 Antón

Impresionante a foto de Pontevedra, entendo que a revolución ímola empezar aí, non?

2 Maguila

A-ha, a-ha, a-ha. Liberados da CIG, aspirantes a liberados da CIG, achegados e demas famiglia...