Unha nova sentenza volve poñer en dúbida a actuación dos tribunais de oposicións da Xunta

O sindicato CSIF pide que se adopten “maiores medidas de control” que “poñan fin á desconfianza” entre opositores e cidadáns.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/04/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Unha nova sentenza, esta vez do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), obriga ao tribunal dunha oposición para o acceso ao corpo superior da Xunta a motivar os criterios de corrección adoptados, tal e como recolle a xurisprudencia do Tribunal Supremo.

Concentración de funcionarios en San Caetano
Concentración de funcionarios en San Caetano

Esta nova sentenza súmase ás dúas denunciadas recentemente pola Central Sindical Independente e de Funcionarios, CSIF Galicia, no Tribunal Supremo, que acusaban os tribunais de selección da Xunta de “fuxir a todo tipo de control e dos límites da discrecionalidad técnica”.

Segundo informa este sindicato nun comunicado, nesta nova sentenza, o TSXG recoñece que, fronte á petición da opositora de revisar a súa nota e de motivar adecuadamente a puntuación outorgada, o tribunal de selección emitiu un informe “onde non se facía referencia concreta á solicitude de revisión ou explicación da puntuación outorgada, senón referencia xenéricas aos criterios de corrección empregados sen explicar por que a súa aplicación conduce ao resultado individualizado”.

“Pero, é máis, non só non se dan as explicacións esixidas senón que quen asina o informe remitido ao Superior nin sequera é membro do tribunal de avaliación, tal e como destaca o TSXG”, engade.  Por iso, e ante a inminencia da realización de novas oposicións pola OPE 2016, CSIF considera necesario “pór fin á situación de desconfianza que está a calar ante a opinión pública en xeral e opositores en particular acerca da limpeza das oposicións na Xunta de Galicia”.

A actuación do Goberno galego non só debe de ser honrada, senón que tamén debe de parecelo”, sostén oeste sindicato que urxe a que se adopten medidas para pór fin ás reiteradas sentenzas xudiciais que revogan resolucións dos tribunais de selección “e que non só prexudican a imaxe destes tribunais ou da propia Xunta, senón que tamén repercute na imaxe negativa de todo o colectivo de empregados públicos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 cachondeo puro.

A verdade é que esta noticia parece de cachondeo. O acceso a función pública é una auténtica coladeira e iso o saben moi ben os sindicalistos de tódalas cores... si, si dende a ciga ao csif. Que me decides das dipus e concellos.... como se entra? un auténtico cachondeo pero eso si, que non se alporicen moito para que as poltronas dos sindicalistos sigan agarradiñas.... aiquí todos sodes cómplices de que Galicia e España sexa un cachondeo.

1 galicia o pais do enchufe

todo o mundo sabe que aqui todo dios enchufa a sus colegas eso sabeo calquera incluso na emoresa privada si coñeces a alguen entras eso e asi e sera asi asi que o sindicato que non diga tonterias porque seguro que tamen eles teñen algun liberado enchufado esto e galicia e sera semore asi e o mellor e que despois presumen de que os enchufaron como coñezo eu a algun e andan pola rua como si fora merito propio. manda carallo