Por Galicia Confidencial | Allariz | 25/04/2016 | Actualizada ás 10:00
A Festa do Boi de Allariz tamén está rodeada de polémica estes días, sobre todo, tras a denuncia dun colectivo animalista sobre o suposto estrés que sofren estes animais durante este evento. Unha denuncia que non foi ben recibida neste concello que insiste en que non se produce dano ao animal.
Por iso, e para tentar saber se hai razóns científicas nesta denuncia, o colectivo de veterinarios e a asociación animalista Libera expuxeron a realización dun estudo veterinario sobre a base do chamado 'etograma', un traballo científico que "permitirá determinar" se os boi que participan nesta festa sofren tensión.
A piques de cumprir os setecentos anos (en 2017), esta celebración que se iniciou no medievo e que data de 1317, rememora cada ano a través desta celebración a historia de Xan de Arzúa, cabaleiro cristián quen "a lombos do boi espantou aos xudeus para protexer a celebración da procesión relixiosa do Corpus.
Esta iniciativa "consistiría na gravación completa das carreiras de bois encordados e na toma de mostras" tanto na explotación gandeira, antes da actividade e despois da mesma. Un estudo que obtería, segundo Libera, “datos científicos” e que tería que sufragar o propio concello.
“Esta medida permitiría elaborar un perfil de como afecta a 'Festa do Boi' aos animais”, apuntou este colectivo. "A obtención de datos científicos permitirán trasladar á opinión pública a información máis obxectiva posible, cun protocolo previo elaborado por facultativos veterinarios", suliñou.
Ademais, mostráronse favorables a establecer "sistemas de recollida de sangue, momentos da toma de sangue, tratamento das mostras, parámetros a medir, custos do procedemento, veterinarios implicados, laboratorios de referencia, e calquera procedemento que de mutuo acordo estímese oportuno".
Con todo, o Concello de Allariz aínda non se pronunciou sobre esta proposta. Quen sio fixo foi a a asociación cultural Xan de Arzúa que defende que "non existe malos tratos animais" e que os animais viven durante todo o ano en semi-liberdade. De feito, os organizadores rexeitan calquera relación desta festa coa tauromaquia. Tras percorrer as principais rúas da vila os animais volven ao seu lugar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.