Xulgan ao home que roubou e asasinou a unha anciá de 87 anos na Coruña no 2023

As penas suman 27 anos de prisión.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/04/2025 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o día 8, con Tribunal do Xurado, un xuízo polo que sentará no banco dos acusados un home para o que se pide unha condena por un delito de roubo con violencia en concurso con outro de asasinato, con penas que suman 27 anos de prisión. No seu escrito, Fiscalía sostén que, en data indeterminada, pero todo caso próxima ao 5 de maio de 2023, o acusado acordou, por motivos que se descoñecen, que acudiría ao domicilio da vítima, sito na Coruña.

Afirma tamén que, unha vez no interior da vivenda, o home, que se atopaba nunha precaria situación económica, "ben pola negativa" da vítima "a entregarlle as cousas de valor que puidese ter e que lle esixía ou ben ao ser sorprendido pola moradora apropiándose de diversos efectos da súa propiedade, abalanzouse sobre ela".

"E coa finalidade de acabar coa súa vida, colocoulle unha brida no pescozo, a cal apertou, fuxindo acto seguido da vivenda, levándose o diñeiro en efectivo, diversas xoias que gardaba no interior dunha caixa de caudais, documentación persoal, así como o teléfono móbil e o teléfono fixo da vítima". A falecida tiña 87 anos e presentaba importantes problemas de mobilidade, polos que necesitaba do uso dun bastón para desprazarse, tendo unha importante limitación nos seus movementos. O home foi detido o mesmo día dos feitos.

Fachada da Audiencia Provincial da Coruña
Fachada da Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: M. Dylan - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta