A UE bloqueou 605.000€ dun fondo FEDER por irregularidades en Galicia

A Xunta di que ningún dos seus programas europeos sufriu suspensión de pagos. O último informe de Bruxelas cita eivas en AENA, Dirección General de Comercio e tamén na Xunta por defectos nas auditorías e o sistema de contratación.

Por Manuel Vilas | Bruxelas | 27/04/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Comisión Europea mantén bloqueados 1.122 millóns de axudas ao Estado polas “graves deficiencias” atopadas na execución dos fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional). Segundo figura en varios informes oficiais aos que tivo acceso GC, fondos bloqueados corresponden a proxectos en Galicia.

Nova terminal do aeroporto de Santiago, construída con AENA aproveitando fondos FEDER
Nova terminal do aeroporto de Santiago, construída con AENA aproveitando fondos FEDER

En concreto, no último informe anual da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana (REGIO), Bruxelas mostra as súas “reservas parciais” sobre a xustificación do programa titulado “Galicia” co código “2007ES161PO005”. Segundo se pode comprobar na web da Consellería de Facenda, ese código corresponde ao  Programa Operativo de intervención comunitaria do “Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do obxectivo de converxencia para a Comunidade Autónoma de Galicia en España”.

Cales son os programas en Galicia sobre os que REGIO ten reservas e mantén bloqueados fontos. Nun documento remitido ao Parlamento Europeo sinálase que se atoparon erros na xustificación de investimentos por parte da Dirección General de Comercio do Ministerio de Economía e no ente aeroportuario AENA para programas executados en 2002.

No referido aos aeroportos galegos, os auditores europeos atoparon deficiencias nos procedementos de contratación de Galicia e outras autonomías. No referente ao departamento de Comercio, REGIO sinala que o sistema de auditoría -obrigatorio en todos os programas- implementado por España no país e noutras comunidades “funciona tan só parcialmente, polo que melloras substanciais melloras son necesarias”. Debido a gravidade das eivas atopadas, a Comisión interrumpiu o pagamento das axudas, cando menos xestionadas polo Ministerio de Economía.

Cuestionadas por GC, fontes oficiais da Xunta aseguran que o Goberno Galego non ten ningunha responsabilidade en que Bruxelas pechara a billa, aínda que sexa parcialmente e momentaneamente. 

“ O tramo autonómico do Programa Operativo Feder Galicia, no que a Xunta actúa como Organismo Intermedio, non está inmerso en ningún procedemento de suspensión ou interrupción de pagos por irregularidades”, aseguran dende San Caetano. A Administración Galega asegura que os datos dos informes da Comisión “non afecta á xestión dos fondos europeos por parte da Xunta, senón que se refiere á xestión de fondos efectuada por distintos organismos da Administración Xeral do Estado”.

Con todo, no citado informe parlamentario a Comisión deixa constancia de que as irregularidades noutro ano, en 2010, atopáronse no programa “Cooperación Local and Xunta de Galicia”. No exercicio anterior, en 2009, atopáronse no conxunto deste Fondo debido a “ausencia de traballo de auditoría”. A tarefa de supervisión da auditoría deste fondo corresponde a Xunta, a través de normas da Consellería de Facenda

Responsabilidade dun ou doutros, o certo é que estas eivas ou irregularidades significaron que chegaran a Galicia menos cartos dos concedidos por Bruxelas inicialmente. Así, o “Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do obxectivo de converxencia para a Comunidade Autónoma de Galicia en España” para o período 2007-2013 mantiña bloqueados 605.378 euros a finais de 2013; cando se completou a última revisión por parte da UE. As incidencias sobre ese Fondo seguen ser estar solventadas por completo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta