Temas: BNG ANA PONTóN

O BNG aspira a volver ao Congreso se hai novas eleccións

Ana Pontón di que o Bloque pode ser unha alternativa aos “vellos e novos partidos que non souberon poñerse de acordo” en Madrid.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O BNG aspira a volver ao Congreso se se repiten as eleccións xerais. É o desexo que expresou este martes a portavoz nacional desta formación, Ana Pontón, que aspira a participar nos próximos comicios cunha candidatura de país e con deputados "que fagan o que sempre fixo o BNG, dar a cara polos galegos e as galegas".

Ana Pontón
Ana Pontón | Fonte: MGS Twitter

Nun acto en Carral no que conmemorou o fusilamento hai 170 anos dos coñecidos como “mártires de Carral”, Pontón suliñou que sería unha "oportunidade" para que Galicia "recupere a súa voz propia en Madrid". "Queremos converter en oportunidade o fracaso das forzas políticas -tanto das vellas como das novas-, incapaces de dar unha alternativa a Rajoy tras catro meses de paripé e de teatro", clamou a líder nacionalista.

E é que para Pontón, hai moitas persoas que "tomaron nota" do "espectáculo" deste catro meses, nos que Galicia estivo "ausente e desaparecida" porque os deputados electos polo país "estiveron máis pendentes das estratexias das forzas estatais", dixo en alusión a formacións como En Marea, integrada en Podemos. Por iso, a solución dixo, é avanzar cara a "un maior autogoberno e soberanía, como defendían os nosos precursores".

Temas: BNG ANA PONTóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

10 Xan do Paxaro

O BNG como organizacion a calquera nos daría igual se desaparece ou non, o q non da igual q desapareza é a ideoloxía galeguista, nacionalista e de esquerdas q representa o bloque e outras forzas do minifundio nacionalista, pero algunhas desas forzas do minifundio prefiren ir co xacobinismo a facer ou refundar un partido nacionalista forte, e é unha mágoa q Beiras q se di a él mesmo soberanista, metera a IU no parlamento sobrerrepresentada, e agora meta a los podemos, cando sempre foron marxinais aquí. O carisma de Beiras en vez de traballar pola herdanza de Castelao, traballa polos cachorros do Partido Comunista de España de onde saen Iglesias, Garzon, Monedero, Yolanda, etc

9 Abraiado

He, he, os fulanos do politburo benegallo estiveron facendo a mona con toda gandallada había e esnafráronse a conciencia, fracasados...Agora xa cheiran que a mamadeira se lles acaba e andan con medo no corpo tentando meter outro calote máis. Claro, a ver quen lles paga agora os vicios...

8 ArturodeBretoña

Eu as piro

7 Antolín o dos cubatas

E xa lle ordearon á CIG que pida o voto para o BNG, como fixo con NOS CAGA?

6 Mareado

Galiza XA está representada en Madrid, sectarios excluíntes https://www.youtube.com/watch?v=VBz...

1 nostrus

Galicia esta representada en Madrid a traves de PP, PSOE, En Marea y Cs.Curiosamente Galicia no esta representada a traves del RNG.

2 xacobe

Si xa está representada en Madrid e o mesmo nivel que Murcia ou Extremadura, non?

3 bobus

pasen y vean, al magnífico nostrus que lo sabe todo, nunca se equivoca, está siempre en posesión de la verdad absoluta y nos dice a todos lo que tenemos que pensaaar!!!