Temas: FENE

Fene presenta Os Asentos Máis Duros do Mundo

Trátase de catro bancos de pedra situados no Miradoiro do Coto do Rei, un lugar desde o que se divisa toda a Ría de Ferrol.

Por Galicia Confidencial | Fene | 27/04/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Este sábado o Concello de Fene terá un novo punto turístico do que presumir; Os Asentos Máis Duros do Mundo. Trátase duns bancos de pedra colocados no Miradoiro do Coto do Rei, no monte Maxarrón, en Sillobre.

Posta de sol desde os bancos máis duros do mundo, no Miradoiro de do Coto do Rei en Fene
Posta de sol desde os bancos máis duros do mundo, no Miradoiro de do Coto do Rei en Fene

Neste punto, a 354 metros de altitude, as vistas son impresionantes xa que se divisa toda a Ría de Ferrol. Os novos bancos son catro asentos de pedra estratexicamente situados, “e co máximo respecto do lugar, para poder desfrutar da marabillosa vista”, apunta a Asociación de Montes do Maxarrón.

O acto, que terá lugar este sábado, será oficiado polo alcalde de Fene, o nacionalista Juventino Trigo e nel intervirá o escritor, xornalista e comuneiro, Ramón Loureiro. Previamente haberá unha plantación colectiva de acivros.

Miradoiro do Coto do Rei, en Fene
Miradoiro do Coto do Rei, en Fene
Temas: FENE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pórtico

E sobre que Astano siga sen construír barcos teñen algo que decir?