“Isto non é un think tank, nin un lobby nin un partido comunista que dirixa todo”

Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo, é un dos portavoces temporais do Foro Galego, unha nova plataforma cuxo obbxectivo máis inmediato é tecer redes de alianzas entre forzas nacionalistas e de esquerdas para botar ao PP do país. Non descarta, a longo prazo, converterse nun novo actor político.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 28/04/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Antelo suliña que o Foro Galego é unha iniciativa onde as persoas “con máis marcaxe ideolóxica” deron un paso atrás” para tentar facilitar un punto de encontro entre distintas sensibilidades. Por iso, insiste en que “non é un lobbie, un partido ou un grupo de presión”.

Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo
Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo | Fonte: QPC

“Non é un think tank, nin un grupo de persoas entorno a lideratos, nin unha estrutura para adoptar no inmediato decisións ou pronuncionamentos”, destaca para suliñar que tampouco é un “Bloque bis” porque “non hai ningún partido comunista que dirixa nada”.

En todo caso, non descarta que se acabe transformando nun novo actor político. “Outra cousa é que, segundo madure o proceso, irase consolidando unha folla de ruta de unidade, que é un dos obxectivos que moita xente queremos”, engade.

Non porque non hai ningún partido comunista que dirixa nada e porque hai grandes cambios na sociedade que hai que abordar.


Que é o Foro galego?
É unha iniciativa que parte dun grupo diverso de xente que pensa que a política se pode facer en clave galega para desenvolver dúas grandes ideas; a primeira que é para atender o máis urxente e inmediato. Isto é, como se podería contribuír a agrandar o apoio e a base e forza dunha candidatura unitaria, inclusiva, ilusionante e de medidas urxentes para tentar frear o desgoberno do PP que arruína a nosa sociedade en aspectos tan fundamentais como o desmantelamento de servizos públicos como a educación, sanidade e a precarización da maioría social con recortes laborais.

E o segundo punto?
Sería máis a medio prazo. Unha vez celebradas as eleccións galegas pois tentariamos promover un diálogo entre partes e a ser posible trazar unha folla de ruta para levar a cabo unha concentración parcelaria necesaria do ámbito político de todos aqueles que entendemos que a política haina que facer desde Galicia.

E por que agora este foro, cando hai eleccións á vista,  e non antes,?
Porque agora danse as condicións. Logo de moitos esforzos pois creouse un grupo promotor con xente nova e representantes muncipais que quere ser un novo camiño. Houbo interlocutores con moitas persoas da política galega plantexando unha iniciativa onde as persoas con máis marcaxe ideolóxica deran un paso atrás para tentar facilitar, así, un punto de encontro que non é un lobbie, un partido ou un grupo de presión. Pretende ser un espazo común onde a xente poida falar de moitas cousas, participando da política sen facer seguidismo, e con representación plural dos concellos do ámbito da esquerda e do nacionalismo para ter proxectos comúns que compartimos, porque pouca diferencias hai entre nós.

A que concellos te refires?
Pois queles nos que hai militantes do BNG, de Anova, de Compromiso, das mareas que se sumaron e se van indo sumar a este foro.

Podes ser máis preciso?
Xa falaremos máis adiante, pero está o Concello de Salceda, o ex alcalde de Monforte, o do Val de Dubra e outros que se irán incorporando e que se verán no día 8, que será o punto inicial. Agora estamos nunha xestora provisional  para que isto saia adiante con xente sen adscrición partidaria para que sexa unha iniciativa diferenciadora e integradora e iniciar un camiño entre todos os que compartimos os anceios de liberdade para o país.

Sen adscrición partidaria, dis, pero xa falas directamente de que hai xente do BNG, Cerna, Anova, Compromiso, das mareas....
Quero dicir adscrición individual porque hai grupos que apoian isto e logo militantes de determinadas formacións a título individiual.

E que grupos e que xente do BNG hai aí?
Xa se irán coñecendo no futuro. Non quero dar nomes.

Perdoa que insista pero haberá quen diga que isto é un novo chiringuito do nacionalismo como Somos Nós, de Quintana, ou de cabreados do BNG que foron os que montaron logo Anova, CxG, Cernta ou outros...
Nunca estamos libres de que as cousas se xestionen adecuadamente. Pero isto non é un grupo político e non é a excisión de nada. Non é un think tank, nin un grupo de persoas entorno a lideratos, nin unha estrutura para adoptar no inmediato decisións ou pronuncionamentos. Outra cousa é que, segundo madure o proceso, irase consolidando unha folla de ruta de unidade, que é un dos obxectivos que moita xente queremos defender nese foro porque son elementos que nos unen, sabendo as dificultades que hai. Pero sabendo este plantexamento hai xente nova e con boa sintonía para superar discrepancias que a sociedade non entende que existan entre alcaldes da marea e do BNG.

Falas de alcaldes do BNG, cales, porque ti xa non estás no BNG?
Eu non me presento como alcalde do BNG. Hai contactos con alcaldes do BNG que tamén teñen pensado asistir pero defenden isto que nós defendemos e que ben con bos ollos que se promova este foro que non é unha plataforma política, polo menos de momento.

Perdoa que insista pero isto sona a un Bloque bis?
Non porque non hai ningún partido comunista que dirixa nada e porque hai grandes cambios na sociedade que hai que abordar. E eses cambios teñen que comezar por un mesmo. E non se pode entender a política desde o dirixismo senón desde os intereses cidadáns. Un político xa o expresou que é ser capaz de detectar a axenda do pobo e seguila.

Cal é ese político?
Pois un político vasco, Arnaldo Otegui.

Pérez Bouza comentaba nunha recente entrevista no GC que, quizais despois das galegas era o momento de que toda a xente nacionalista orfa se una noutra gran plataforma. Pode ser isto?
Pois pode ser o ámbito desde o que se fagan cousas destas. Se Pérez Bouza participa, que participará, pois supoño que expresará esa idea. En todo caso, será este foro quen poña puntos nunha folla de ruta.

Dis que unha gran alianza é un dos puntos inmediatos para botar ao PP. Iso pasa por apoiar ás mareas?
Pasa por reforzar o espazo político no que exitosamente se foron conformando as propostas das mareas. Aínda que isto será un lugar de encontro e facilitará que aquelas persoas que non participan das mareas pois vexan como facelo. Non imos reclamar puntos concretos nun programa, parcelas de poder, ou nomes en listas. É un sitio para falar de todo e facilitar despois que as persoas interesadas poidan acceder a ese proceso. Eu, por exemplo, estou moi contento de seguir sendo alcalde do meu pobo e de centrarme nos vindeiros anos en que Vimianzo e a Costa da Morta teñan altas cotas de estabilidade para que haxa un proceso de emancipación do noso país.

Entón non hai pechazón a pactar con outras forzas de esquerdas?
Primeiro hai que detectar o que a sociedade nos pide e por iso ter esa visión superadora de determinadas contradicións e non hai que limitar o campo de actuación dos nacionalistas nin dos que non son nacionalistas e conseguir así para que Galicia vaia avanzando nese proceso de autogoberno e de decidir o seu futuro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

16 Xan do Paxaro

Isto vai camiño de que cada nacionalista teña o seu propio partido. Os de anova (Beiras) poden estar ledos por meter na politica da nosa terra a unha esquerda españolista, que aqui nunca foi nada. Os quintanistas e abrentes q foron a cara visible do BNGnos ultimos 10-15 anos de perda de votos, cando lles din «mal feito» foxen e din q os tiranizan os comunistas da Upg, iso si, van coller acomodo onda os tamén comunistas de iu, do fpg ou anova... Pois en vez de rexuntar todo o nacionalismo de esquerdas de diversas tendencias nunha soa forza, como fixeron os bascos con bildu, pois non, máis minifundismo...

15 eusi

Os carneiros do Bnjajaja está claro que lle molesta todo o que sexa falar e que non poidan controlar e comandar. Ides desaparecer por méritos propios: queda demostrado dia após dia.

14 anxo castro

Estes asinaron o código ético, verdade??. Son de palabra eh ...!! jajajaj

13 XoseVeiga

O BNG está tomado polo stalinismo do Movemento Galego ao Socialismo e os seus fillos de Isca. Para mostra este video que mostra como viven no século XIX: https://www.facebook.com/iscagz/vid...

1 Xan do Paxaro

Si, na marea é todo socialdemocracia keynesiana, veña ho... sobre todo o fpg ou IU, q ises gostan mais porque son comunistas xacobinos españois...

2 estuda

O máis triste é que a locutora do video non sabe nin ler

12 per

Vaia xente tiña o BNG dentro,, de pena

1 loca maritima

Sí. Ti non serás o socialista jvi_de Vigo, que comenta novas na Voz de xeito telegráfico?