O responsábel de Faro e La Opinión gaña poder

Prensa Ibérica continúa co seu proceso de cambios na cúpula de directiva e reestruturación societaria. O ‘Grupo Moll’, editor en Galicia de Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña, anunciou esta semana unha completa reorganización global, coa creación de catro novas direccións xerais: negocio, contidos, financeira, sistemas e área de servizos xurídicos.

Por Galicia Confidencial | Vigo/A Coruña | 29/04/2016 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

No referido a Galicia, o cambio de máis calado é que Isidoro Nicieza aumenta o seu poder. O directivo era até agora director xeral tanto de Faro como de La Opinión. Agora amplía o seu cargo de director xeral a todos os xornais do noroeste, que tamén inclúen a La Nueva España de Oviedo e La Opinión de Zamora.

Javier Moll, propietario do grupo que controla Faro e La Opinión
Javier Moll, propietario do grupo que controla Faro e La Opinión

Ademais, Nicieza será o encargado de liderar a nova dirección xeral de todo o grupo referida a contidos. 

Como curiosidade, sinalar que, no anuncio dos movementos empresariais en Faro, o xornal olívico evitou calquera referencia ao seu irmán coruñés. Pola súa banda, no anuncio en La Opinión obviase que Nicieza é director xeral tamén de Faro. 

Móstrase así o esforzo do Grupo Moll por manter unha axenda localista nos seus diarios. Isto  causa a miúdo que as cabeceiras de Moll teñan liñas editoriais opostas sobre determinados asuntos de ámbito autonómico. En Galicia, por exemplo, é frecuente ler a Faro cargar contra o custe do Porto Exterior da Coruña con titulares que inclúen cualificativos como “Titanic” ou “ruína”.

O grupo aproveitou o anuncio dos cambios para sacar peito. Presidido por Francisco Javier Moll , di que dá emprego a 1.760 persoas, unha cifra de negocios de 190 millóns de euros eun beneficio de 6,7 millóns de euros en 2014.

Malia ser un dos conglomerados xornalísticos que mellor está a capear a crise, o certo é que a saúde financeira dos 14 xornais non é igual boa en todos os casos. Por exemplo, La Opinión de A Coruña acometeu nos últimos anos importantes recortes no seu cadro de persoal, que pasou de andar as 75 persoas a andar polas 50. 

Ademais, o pasado 9 marzo,  Moll decidiu inscribir a La Opinión como sociedade unipersonal, cuxo titular e accionista único é unha das filiais do grupo, Epigráficas. O diario herculino comparte filial con outras cabeceiras do grupo que fixeron recortes nestes anos -como La Opinión de Málaga-, pero non con Faro.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Cantos cartos mete Abel Caballero en Faro de Vigo ? A metade dos beneficios seguro que veñen vía Concello de Vigo ! http://gamela00.blogspot.com.es/201...