Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/04/2024 | Actualizada ás 11:40
Santiago de Compostela e a súa área metropolitana contarán a partir deste 25 de abril coa súa particular Revolución dos Cravos no mundo mediatico. Trátase de Xornal da Compostela (www.xornaldecompostela.gal), o diario dixital en galego da capital de Galicia e a súa área que abordará a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social desta zona e prestará especial atención á cultura, á mocidade e universidade, aos barrios, aos movementos sociais, medio ambiente e ao patrimonio.
Xornal de Compostela nace, ademais, asociado a Galicia Confidencial, o principal medio dixital en galego do país, e cun acordo para intercambiar información e publicidade a través da plataforma Novobanner (www.novobanner.com) na que tamén están outros medios dixitais locais como www.quepasanacosta.gal, xornaldacoruña.gal, xornaldevigo.gal, amariñaxornal.gal, lugoxornal.gal ou xornaldelemos.gal.
Este novo medio conta con David Sobrino na área de Redacción e Miriam Ferraces Fernández, nas redes sociais. Entre as firmas convidadas están ou estarán Daniel Chapela, Flora Miranda Pena, Xiana Vilas, Lois Froiz, Serxio María Rodríguez, Xulia Campo ou Alfonso Espiño, entre outras. O Xornal de Compostela está supervisado por Xurxo Salgado.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Rey Novoa insta á UDEF a inspeccionar a nave da editorial do antigo El Correo para buscar as obras de arte desaparecidas
- Dores Tembrás e Alba Chaves, gañadoras dos premios de opinión xornalística #MulleresQueOpinan
- O BNG denuncia que a Xunta subvenione a La Voz sen que cumpla o mínimo do "10% de uso do galego"
- Volve fracasar a elección de Pombo para dirixir a CRTVG tras unha segunda votación
- A CRTVG defende o tratamento "rigoroso e respectuoso" da denuncia por agresión sexual a Villares
- Nós Diario, GCiencia ou Orgullo Galego entre os premiados do III Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galiza