Temas: CUBA CANGAS

Cangas, primeiro concello galego en pedir a fin do bloqueo a Cuba

Todos os grupos do municipio, incluído o PP, aprobaron unha declaración institucional para sumarse á campaña “Por un 2016 sen bloqueo a Cuba".

Por Galicia Confidencial | Cangas | 01/05/2016 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Cangas do Morrazo converteuse onte no primeiro municipio do Estado español que aprobou unha resolución no 2016 solicitando o fin do bloqueo norteamericano a Cuba.

Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas
Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas

O pasado venres, o alcalde do Concello Xosé Manuel Pazos, integrante da formación política Alternativa Canguesa de Esquerdas, deu lectura da declaración institucional, que foi aprobada por unanimidad por todos os partidos políticos representados.

O pleno duro ata as doce da noite, acordando o alcalde de Cangas realizar a primeira semana de maio un acto institucional coa presenza do Cónsul Xeral de Cuba José Antonio Solana Fernández e os membros impulsores desta campaña. Tamén estarán invitadas outras organizacións políticas, sociais e culturais do concello.

A iniciativa foi presentada pola Asociación Cubana Galega Haydee Santamaría presidida por Jamari Llanes, e o Coordinador da “Campaña por un 2016 sen bloqueo a Cuba”, Lois Pérez Leira. "Esta decisión reflexa o sentimento do pobo de Cangas que sempre sentiu á revolución cubana como propia", dixo Pazos. 

A aprobación desta resolución coincidiu coa decisión do Cabildo de Gran Canarias, de aprobar tamén unha declaración semellante a esta, por unanimidad. Tras estas iniciativas hai outras semellantes no Parlamento Vasco e na actualidade hai propostas en trámite de resolucións en Asturias, Navarra, Cataluña, Valencia, Illas Baleares e Andalucía. Tamén en numerosas cidades de España. En Galicia tamén se presentará noutros concellos como Pontevedra, Poio ou Bueu.

Temas: CUBA CANGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Brais

Xosé Manuel Pazos é un bo alcalde, e merece moito recoñecemento! As cousas como son, espero que o vindeiro ano volva conseguir bos resultados que o fagan revalida-la alcaldía.

2 Martí

Vai ser bonito ver a todos estes funcionarios de puño alzado e bandullo cheo, que sempre están do lado do poder máis corrupto e máis mafioso, laiarse como carpideiras cando o barbudo espiche de vez e os cubanos se libren, por fin, da peste na que están metidos...

1 Brais

Iso é demagoxia, deberíache dar vergoña! Pareces un adepto a Feijóo e ós seus e os seus amigotes os narcotraficantes, xa se sabe! Iso non é de recibo.

1 Gamela

O Vigo de Caballero anda noutros temas...?

1 Brais

Vaite a saber, o pobre é tan desgraciado, que xa se sabe! Vaia un desastre de home o Abel Caballero ese!