Unha Estrella a ritmo do Fogar de Breogán

Estrella Galicia presentou este luns unha edición limitada de botellas en homenaxe ao himno galego. É a primeira vez que a marca emprega o galego para unha promición deste tipo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/05/2016 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Baixo o lema Fogar de Breogán a empresa coruñesa hijos de Rivera rende homenaxe á figura de Eduardo Pondal. Os envases estarán dispoñibles no mercado nas vindeiras semanas. 

A empresa explica ademais Estrella Galicia apoia tamén os actos organizados pola Fundación Eduardo Pondal en Ponteceso que renden tributo ao autor de Os Pinos e contribúen á divulgación da cultura galega. 

Ademais, como parte da campaña a empresa preguntaralle na revista Luzes aos galegos que lle suxire a eles este poema musicado por Pascual Veiga. Manuel Rivas, codirector da revista, participou no acto de presentación este luns na Coruña. 

Velaquí o anuncio da campaña:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Anónimo

Perdoade, pero o acto de presentación deste luns foi no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, non na Coruña.

2 Parabéns!

"El gallego no vende", dicían os paifocos pailarocos. Está demostrado que o galego é unha lingua moito máis rendíbel economicamente ca o castelán. Ninguén sabería dicir un spot de Gadis anterior ao "Vivamos como galegos". A empresa telefónica "R" ten o 60% da liñas móbiles de toda Galicia e nunca se comunicou en castelán. Agora Estrella Galicia deuse de conta de que a lingua galega no marketing é coma a trabe de ouro. Benvidas! E ben bonita a botella, dito sexa.

1 Xoaquins

Boa noticia!