Aberto o prazo de presentación de candidaturas aos premios PEL 2025 da Deputación da Coruña

O obxectivo dos premios é "recoñecer o talento, esforzo e implicación das empresas, emprendedores e autónomos na creación de emprego e no desenvolvemento económico da provincia da Coruña"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2025 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña abriu o prazo de presentación de candidaturas para a sétima edición dos Premios PEL, segundo informa a institución provincial.

O obxectivo dos premios é "recoñecer o talento, esforzo e implicación das empresas, emprendedores e autónomos na creación de emprego e no desenvolvemento económico da provincia da Coruña".

"Cos Premios PEL queremos recoñecer proxectos que non só destaquen polo seu éxito empresarial, senón tamén pola súa capacidade para xerar valor engadido, mellorar a calidade de vida da cidadanía e impulsar o desenvolvemento do territorio", asegura o presidente provincial, Valentín González Formoso.

A Deputación destina este ano un total de 75.000 euros en premios que se repartirán entre tres categorías. Cada unha, está dotada cun premio de 20.000 euros. Ademáis, o xurado poderá conceder ata tres accésits de 5.000 euros cada un a proxectos que, sen conseguir o galardón principal, mostren méritos destacados e impacto transformador.

Arquivo - Premios PEL da Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA - Arquivo
Arquivo - Premios PEL da Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta