Por Galicia Confidencial | Ourense | 18/08/2025 | Actualizada ás 10:37
Todo espazo natural de Trevinca, o pico máis alto de Galicia, está ardido. O mirador da Serpe, a Lagoa da Serpe, Pena Negra, Pena Surbia... Todo é agora un deserto negro. Ardeu a parte galega e a parte de Castela e León.
Agora o lume vai cara o Teixedal de Casaio, un dos poucos bosques naturais de teixos existentes en Europa xa que esta é unha árbore que adoita medrar illada. É un espazo protexido que ten ó redor de 300 teixos, a maioría deles centenarios, e ocupa unhas 6 hectáreas. Conviven con outras especies como acivros, abeleiras, ou freixos.
View this post on Instagram
A post shared by Terras Altas de Trevinca (@terras_trevinca)
"Rabia, desesperación. Tentamos defender a Lagoa da Serpe cunha mochila e un batelumes", comentan desesperados estes voluntarios. Non hai auga, non hai medios.
O lume avanza por todo Valdeorras e ameaza as localidades da Rúa, San Martín e O Barco. Outra lingua de lume avanza cara o Courel, que xa sufriu un pavoroso incendio en 2022.
View this post on Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
2 SentidiñoO bispado é "responsábel último" porque a propiedade e a xestión son do chiringuito baltar-católico "Fundación San Rosendo", creada con cartos públicos e centrada agora nas residencias de maiores tras o fracasodos negocios anteriores: adxudicataria a dedo sobre terreos públicos da residencia de estudantes do campus, subvencionada para construír tres balnearios e os seus hoteis (Arnoia, Laias e Lobios, agora privatizados como "Grupo Caldaria". O enchufado e director de todo foi un cura trabucaire, delincuente convicto: Benigno Moure. O señor bispo d'oréns pouca culpa ten.
1 GeronimusChiringuito baltarista do que viven distinguidos bloqueiros e membros de sindicatos comunistas, ou non?
2 GamelaSen o Bispado de Ourense sería imposible que existira a Fundación San Rosendo, San Martín, Amalia Filomena Mera Somoza... http://www.fundacionsanrosendo.es/q... e tantas e tantas outras fundacións ao amparo dunha lei especial para Fundacións da Igrexa (de todas elas os bispos son socios fundadores e últimos depositarios do patrimonio das mesmas!) Alguén debera investigar a fondo todo este PATRIMONIO ROUBADO dende as altas instancias eclesiásticas coa disculpa da CARIDADE ! https://flic.kr/p/RboG8y¿Gústache esta noticia?
- Feridos outros catro operarios de extinción: un deles foi trasladado ao Chuac con queimaduras graves
- A Xunta confirma a presenza do mosquito tigre no Concello de Bueu
- Reaccións: A CIG denuncia "caótica xestión" da Xunta en materia de persoal de extinción de incendios
- A contaminación por micropartículas segue presente tras os lumes en Ourense
- A planta de Sogama na Rúa mantense operativa pese aos incendios en Ourense
- Calor sufocante e frío extremo nas dependencias da Policía de Vigo