Máis de 200 activistas piden unha confluencia entre Mareas En Común e o Partido Animalista

Cren que isto podería posibilitar a escolla do primeiro deputado ou senador dunha formación "animalista" na historia da democracia en España.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/05/2016 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

A plataforma política Animalistas ao Concello - confluencia animalista, PACMA, ven de anunciar o lanzamento dun proceso de participación cidadá chamado 'Animalistas En Común' co que pretende reclamar unha candidatura con peso animalista camiño das Eleccións Xerais do 26 de Xuño.

Unha das campañas electorais realizadas por militantes do Pacma
Unha das campañas electorais realizadas por militantes do Pacma | Fonte: pacma.es

Un total de 218 persoas de todo o Estado español pertencentes a diferentes asociacións, e tamén independentes,  xa asinaron esta petición e lembran que as candidaturas de unidade popular como as Mareas galegas na Coruña, Santiago e Ferrol, entre outras, tamén tiveron en conta a necesidade de iniciar políticas de protección e benestar animal, e en casos como os da Marea Atlántica, isto incluíu a supresión dos subsidios que viñan recibindo as touradas dende 1991.

Para os asinantes desta proposta a oportunidade é histórica, e podería posibilitar incluso a escolla do primeiro deputado ou senador dunha formación "animalista" na historia da democracia en España.

Dende a plataforma Animalistas ao Concello - confluencia animalista sinalan que a marca 'Animalistas En Común' aposta pola suma das formacións que crearon En Marea, das mareas locais e do Partido Animalista para reforzar a presenza dos seis deputados e dos dous senadores que acadou esta coalición o pasado 20D. 

“A pelota está no tellado das formacións interpeladas”, apuntana nun comunicado, e agardan que poidan existir encontros de traballo co obxetivo final de constituir unha candidatura máis forte e que acade mellores resultados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 Antipederasta galego

Podemos vota a favor de los toros El pacto con el PSOE en Castilla-La Mancha provoca que apoye la emisión de 60 corridas por la televisión autonómica. Pero vamos confluir e mirar para Allariz,

1 Comunista do ibex 35

Comunico que a partir de hoxe Izquierda Unida pagou a sua gran debeda e abandoa a lista de morosos. Grazas a Bankia-Cajamadrid, as tarxetas opacas, e a Podemos (que se compromete asumir o resto da debeda de concretarse a venda "fusión") IU cumpleu cos seus deberes asumidos, non coma os UPGallos. Hoxe IU desapareceu, coma outros tivo que porse a venda, pero estaremos haí facendo forza. IU vai estar representada por magníficos políticos coma Alberto Gazón e Centella en postos claves do organigrama Podémico