Xornada técnica en Ourense para falar do uso da lousa na construción

Tres ponencias de profesionais da arquitectura e unha mesa redonda composta por representantes dos colexios oficiais e asociacións empresariais e da construcción da provincia, serán os actos principais desta cita, programada para o día 13 de maio no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Por Galicia Confidencial | Carballeda de Valdeorras | 08/05/2025 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

“Arquitectura, Construción e Pizarra en Valdeorras: Un diálogo cara o futuro de Ourense”  será o título da Xornada Técnica que o Clúster da Pizarra de Galicia celebrará, o vindeiro 13 de maio, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

Exemplo de construción con lousa. Foto: Web Clúster da Pizarra de Galicia.
Exemplo de construción con lousa. Foto: Web Clúster da Pizarra de Galicia.

Oobxectivo principal do evento é poñer en común os avances, en materia arquitectónica, dos diferentes usos actuáis da pizarra como material construtivo. Despois do acto inaugural, ás 10:00 horas, a xornada comporase de tres ponencias principais, da man dos seguintes profesionais da arquitectura:

Antonio Raya Deblas, profesor da área de Construcións Arquitectónicas da Universidade da Coruña cunha ponencia titulada “Arquitectura de pizarra: nova construción”.

Alfredo Martínez Alfonso, arquitecto técnico, que falará de “Arquitectura Negra. Detalles de execución en Pizarra e Tecnoloxía".

E, por último, Mario Ortega, Managing Director BIMobject Iberia & LATAM, cuxa intervención leva por título “Estratexia de implantación do Cluster da Pizarra para o uso de Materiais e Sistemas construtivos con Pizarra en BIM, en colaboración con BIMobject”.

MESA REDONDA

A continuación das anteriores intervencións terá lugar unha mesa redonda, moderada por Jaime Pereira, Secretario Xeral da Confederación de Empresarios de Ourense. Nela participarán: Emma Noriega García, presidenta da Delegación de Ourense do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; Darío López Fernández, presidente do Colexio Oficial de Arquitectura Técnica de Ourense; e Cesáreo Fernández Ríos, xerente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta