A CEG insiste na necesidade dun "corredor atlántico do noroeste", con máis de 5 anos de atraso respecto ao Mediterráneo

O presidente da confederación de empresarios de Galicia (CEG), Juan Vieites, advirte de que o noroeste "se está xogando moito" e volverá lanzar as súas reclamacións de forma "clara e unida" este martes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2025 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Vieites, advirte de que o noroeste "se está xogando moito" e volverá lanzar as súas reclamacións de forma "clara e unida" este martes. En declaracións aos xornalistas este luns, Vieites lembrou que Castela e León, Asturias e Galicia levan "tempo defendendo o corredor atlántico do noroeste", traballando "moito e ben co propio Ministerio" e con proxectos "concretos" en marcha, aínda que "non van coa axilidade" que desexarían os empresarios.

Respecto diso, apuntou á existencia dun "atraso de máis de 5 anos" con respecto ao corredor do Mediterráneo, pero utilizou termos xurídicos para afirmar que o do Atlántico "espertou no momento procesual oportuno" e "aí" seguirá a fronte común para esixir de maneira "clara e unida" os proxectos "tanto ferroviarios como doutra índole para o noroeste". "O mundo empresarial necesita ser cada vez máis competitivo. Aí é onde estamos a traballar", chamou a atención Vieites. Así, referiuse ao "novo acto" que se celebrará este martes en Santiago, "conxuntamente cos tres presidentes das tres comunidades e os tres presidentes empresariais e moitísimos empresarios específicos".

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites
O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites | Fonte: CEG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Lamentablemente algúns viven moi ben das Institucións, pero segundo parece non saben rascar o bolsillo para pagar as súas cuotas ao partido instrumental que os puxo nas poltronas! Se con 3.000 €uros/mes non poden pagar gastos... ¿que faremos os demáis? Tirarnos pola ventana cando chegue a comisión xudicial para o desafiuzamento? A única lista que queremos ver publicada é a Lista de Pagos e Ingresos desta tropa !!! https://i.gal/gamela03 TRANSPARENCIA XA !!!

1 Centroeuropeo

Mentres algúns fan política, outros fan botellón.