Ana Miranda alerta do malestar do sector pesqueiro galego pola ampliación de vedas na pesca de fondo: "Afecta case ao 80 %"

En referencia á proposta da Comisión de retomar a revisión das 87 vedas existentes e que pode afectar ao litoral, a eurodeputada do BNG explicou que o palangre demersal "apenas incide" nas poboacións vulnerables.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2025 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, expresou na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo o malestar do sector pesqueiro galego ante a toma de determinadas decisións desde "os despachos" e "sen ter en conta" a realidade dunha comunidade pesqueira como Galicia. Así mesmo, expresou a oposición á ampliación por parte da Comisión Europea das 87 zonas de pesca en augas profundas nas que se prohibe a pesca de fondo.

"En nome do BNG quería expresar a nosa posición como representante dunha nación pesqueira, polo malestar existente no sector pesqueiro cando se toman certas decisións", sinalou Miranda. A continuación, detallou que "está a favor" de medidas e de tratados e de directivas de conservación e de apoio á biodiversidade, pero incidiu no impacto socio-económico.

En referencia á proposta da Comisión de retomar a revisión das 87 vedas existentes e que pode afectar ao litoral, Miranda explicou que o palangre demersal "apenas incide" nas poboacións vulnerables. "Quería expresalo porque isto é unha preocupación nos portos de Burela, de Celeiro e de Ribeira", apuntou Miranda, xa que a prohibición afecta a case o "80 % da pesca de palangre en Galicia".

A eurodeputada do BNG, Ana  Miranda, atende aos medios en Vigo, a 11 de xullo de 2025
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, atende aos medios en Vigo, a 11 de xullo de 2025 | Fonte: BNG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta