Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2025 | Actualizada ás 14:58
A Xunta encargará á Comisión Galega da Competencia un informe sobre posible "conduta abusiva" de Renfe, ao non permitir comprar billetes de tren a longo prazo. Así o avanzou o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, tras presidir este luns a reunión semanal do Consello da Xunta, ante a ausencia do titular, Alfonso Rueda, para asistir á Xunta Directiva do PP en Madrid. O conselleiro sinalou que a "imposibilidade" de comprar billetes de ferrocarril a longo prazo "impide que os galegos poidan planificar viaxes", en contraposición a "outras partes de España".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.