Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2025 | Actualizada ás 12:42
Galicia rexistrou un total de 3.163 nacementos no primeiro trimestre de 2025, un 4,96% menos que no mesmo período de 2024, o que supón a segunda maior caída relativa do país, só por detrás de Baleares (-7,5%), segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este mércores.
Este descenso é superior ao 3,8% de baixada que se anotan tanto Cantabria como Navarra ata marzo, segundo estes datos provisionais. O descenso da media española é do 0,5%, cun total de 78.014 alumeamentos. España non supera os 30.000 nacementos mensuais desde outubro de 2021.
No tocante só ao mes de marzo, os nacementos na comunidade galega foron 1.079, un 6,8% menos que os 1.158 dun ano antes. Por idades das nais en marzo, o maior grupo é o de 35 a 39 anos (347), seguido de 30 a 34 anos (322). Houbo 164 proxenitoras de 40 ou máis anos, incluídas tres mulleres de 50 ou máis anos.
DEFUNCIÓNS
O INE tamén publica este mércores o avance de datos provisionais de defuncións, neste caso do catro primeiros meses, con 12.489 mortes rexistradas en Galicia, un 1% menos que no mesmo período de 2024. Segundo a estimación de defuncións nas 18 primeiras semanas de 2025, faleceron en España 165.374 persoas, 2.064 máis (un 1,3% máis) que no mesmo período de 2024, a cifra máis alta rexistrada nesas semanas desde 2022.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.