O Congreso da UPG confirmará o peche da porta ás mareas

A Unión do Povo Galego (UPG) vai realizar o seu XIV Congreso este domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra. A UPG, o partido máis numeroso e organizado dos que quedan integrados no BNG, inisite en que o "único camiño" para o pobo galego é o das organizacións propias .

Por M.V. | Pontevedra | 20/05/2016 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

En principio, non se prevén cambios no rumbo ideolóxico da UPG e, en consecuencia, do Bloque. Así, o partido insistirá en negarse a unha alianza coas mareas, que interpreta como unha aposta errada por darlle prioridade “as cuestións sociais, como algo separado das reivindicacións nacionais”.

Rego no intre de ser elixido líder da UPG no anterior congreso
Rego no intre de ser elixido líder da UPG no anterior congreso | Fonte: cxusto.blogspot.com

En opinión da UPG, a presenza de nacionalistas nas mareas -como ANOVA- non ten influencia dabondo senón “o novo escenario político está condicionado pola presenza de espazos que teñen a esquerda española de referencia fundamental, participados por organizacións galegas, de incidencia decrecente nese ámbito e nunha posición cada vez máis satelizada”.

Cómpre lembrar que as mareas municipalistas abriron outra vez a porta a entrada do Bloque de cara as autonómicas, pois a iniciativa Mareas en Común aprobou dialogar con todos os que queiran botar ao PP.  Tamén o grupo nas Cortes, En Marea, fixo un chamamento ao PSdeG e ao BNG a formar unha mesa común para desaloxar aos conservadores da Xunta.

A UPG critica abertamente ao PP -”executor de políticas antisociais” e que “afonda progresivamente desde o goberno galego no proceso de minorización política da Galiza”- ; pero non parece disposta a alianzas preelectorais para derrotar a Alberto Nuñez Feijóo. O “único camiño” que eles ven para o pobo galego é o de “contar con instrumentos políticos propios e autónomos, sen dependencias externas nin no organizativo nin en canto ás estratexias políticas”.

De cara a organización interna do Bloque, a UPG admite que cómpre “reforzar e perfeccionar” o pluralismo político  da organización. Despois da última Asemblea que elixiu a militante da UPG Ana Pontón como líder, o BNG perdeu voces significativas, como a da maioría dos líderes do colectivo Abrente, máis próximo a socialdemocracia, e algúns alcaldes, como o de Vimianzo. De feito, o único colectivo organizado que queda na fronte, ademais da UPG, é o Movemento Galego ao Socialismo, que foi no seu día unha escisión da propia UPG.

Néstor Rego, actual secretario xeral da UPG
Néstor Rego, actual secretario xeral da UPG | Fonte: Terra e tempo

Ante esta situación, a UPG defende para o Bloque “unha organización plenamente democrática, aberta, asemblear e participativa, que funciona sob o criterio de ‘unha persoa, un voto’”. A demanda dos críticos de que no Bloque participen individuos non organizados en partidos, polo de agora non ten eco na formación que dirixe Néstor Rego. No BNG entenden que cómpre incorporar "intereses sociais e posicións ideolóxicas diferentes" que coincidan sempre na necesidade de lograr a "liberdade da nosa Nación".

A nivel de nomes, salvo sorpresa de última hora, Néstor Rego continuará a fronte do partido marxista. O ex-concelleiro de Santiago tomou o relevo hai catro anos do histórico Francisco Rodríguez. 

Bautista Álvarez, nun congreso da UPG
Bautista Álvarez, nun congreso da UPG | Fonte: Terra e Tempo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

13 Gamela

12 Santiso

Ma caho na UPG! Non ten ningún actor de dobraxe como ANOVA. Eles deciden e él dobra a película ao galego!

11 Hiena Pérfida

Este xornal chega a uns niveis de propaganda que fan palidecer a La Razón e o ABC. Por partes: 1) o BNG pechoulle a porta ás mareas na súa última asemblea nacional por considerar que teñen obxectivos políticos distintos, todo votado pola militancia, así que o congreso da UPG nada vai decidir sobre o asunto; 2) a reincidencia no feito de que como partidos só estean a UPG e o MGS, de forma machacona e repetitiva, só pretende crear unha imaxe negativa dunha organización na que a inmensa maioría son militantes individuais non adscritos a ningún partido interno (aparte de que hai outras organizacións no bloque que non son partidos, principalmente Galiza Nova e Isca!, así que a redacción é incorrecta); 3) a foto de Bautista xa directamente non hai por onde collela, tendo en conta que Bautista abandonou fai tempo a primeira liña da política, e responde só ao interese de recordar as súas últimas polémicas de forma totalmente gratuíta.

1 Shin Chan

A ti che explicaba eu como se deciden as cousas no BNG.

2 Suevia

Ben falado Hiena Pérfida!

10 Shin Chan

Ainda sobra un chisco de unto.

9 DD7i

BI(VIERISTAS) a ladrad... estan nas ultimas soamnte foron 83 persoas a votar e non todas votar a favor do vello... aladrad... podreiros non vai ter como presidente o tolo... podreiros pondra a carolina a nena rica "non son de dereitas nin de esquerdas" como FALANXE E TRADICION!-

1 XanKaraLlás

Non desvaríes, parviño. Podemos é de esquerdas, sen a menor dúbida. Ser de esquerdas non consiste en dicilo (como o PSOE ou o BNG), consiste en facelo e en propor políticas claras nese sentido. Ser de esquerdas é traballar para que o PP deixe de ter en Galiza a vergoñenta maoiría absoluta que ten sempre, e tamén en tratar de que o PSOE non goberne no estado, o mesmo que o PP, obviamente.