Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/05/2016 | Actualizada ás 15:15
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidadade de Santiago (USC) está investigando o paso dun obxecto luminoso que se rexistrou o pasado 17 de maio —Día das Letras Galegas— ás 16.00 horas sobre o sur de Galicia. Logo de examinar unha imaxe enviada por Alberto Otero, o director do Observatorio universitario, José Ángel Docobo, sinala que se podería tratar dun ‘bólido diúrno’, fenómeno luminoso producido na atmosfera terrestre pola entrada dunha pedra cósmica ou meteoroide que se está a mover en torno ao Sol.
Os bólidos do ceo son bólas de fogo causadas pola entrada na atmosfera terrestre de rocas de orixe interplanetario.
O Observatorio Astronómico da USC agradece a todas aquelas persoas que o visen que se poñan en contacto co centro a través do correo electrónico oasec@usc.es ou tamén telefonicamente nos números 881 815 016 ou 881 815 025. Ademais, pódese enviar unha mensaxe á Rede Española de Bólidos e Meteoritos na dirección de correo spmn@ieec.uab.es.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.