A Xunta converte San Simón nunha "illa virtual"

Este venres celébrase a sexta edición de 'Nethinking' coa presenza de varios "influencers" convidados pola Consellería de Cultura.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/05/2016 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza, a través da Secretaría Xeral de Cultura, unha nova edición de 'Nethinking'. Así, por sexto ano consecutivo, San Simón converterase, o próximo venres e sábados 27 e 28 de maio, nunha sorte de "illa virtual".

Illa de San Simón, na ría de Vigo
Illa de San Simón, na ría de Vigo | Fonte: turismo.gal

De feito, algúns dos principais 'influencers', xornalistas, consultores e investigadores vinculados ao actual panorama do ámbito dixital regresarán a este espazo único para debater sobre o pasado, o presente e o futuro da vida na rede.

Nesta sexta edición espera un "novo éxito de participación internacional" e, por parte do equipo de traballo, unha "auténtica tormenta creativa" da man dos veteranos desta comunidade e tamén das novas incorporacións que cada ano suman, subliñou a Xunta nun comunicado, "valor e calidade".

Respecto ao equipo, aos membros da comunidade 'Nethinking' uniranse novas voces, como Marta Fernández, presentadora da primeira edición de Noticias Cuatro; Xosé Castro, tradutor, guionista, redactor e comunicador; e Noel Ceballos, xornalista e escritor, entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta