A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou este sábado ao Partido Popular de empregar Galicia como "un decorado para as súas roldas de prensa", coincidindo co acto que os populares celebran no municipio coruñés de O Pino, e ao que asistiu o presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo.

"Veñen en bloque, Feijóo incluído, non a propoñer nada, senón a atacar ao Goberno de España mentres desatenden os problemas reais da cidadanía galega", declarou Méndez aos medios. A dirixente socialista advertiu ademais que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participa activamente nas iniciativas do seu partido, pero "desaparece cando hai que dar a cara", e "non preside os Consellos do Executivo galego como debería".
Neste sentido, Méndez lamentou que Galicia "teña un delegado de Xénova en vez dun presidente a tempo completo", e asegurou que non é a primeira vez que Rueda “abandona as súas funcións para acudir a actos partidarios”. Ao seu xuízo, “Rueda non se debe ao PP, senón ao conxunto dos galegos”.
A socialista tamén aproveitou para criticar a actuación do presidente da Xunta durante a recente emerxencia derivada do apagamento eléctrico, asegurando que “non estivo no centro de coordinación, non deu explicacións, declarou o nivel 3 para quitarse a responsabilidade de enriba e marchou para casa a durmir”.
Méndez ampliou a súa crítica ao comportamento do PP en Madrid, acusando aos populares de “votar sempre en contra dos intereses da xente cando hai que defender Galicia” e de actuar como "oposición permanente ao Goberno de España" sen presentar alternativas.
En contraposición, reivindicou a postura do PSdeG, que —dixo— “asume responsabilidades, defende á cidadanía e aposta por facer política útil”. Asegurou que a sociedade galega está "farta de ser espectadora das campañas do PP", e concluíu: "Galicia non é un estudio de campaña nin un decorado para as fotos. Galicia é un país que merece respecto, seriedade e un goberno presente".
Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
- Visita dos Reis a Burela, onde o comité de Alcoa lles entregou unha carta mentres coñecían esta vila multicultural
- Pontón reclama "tolerancia cero ante a corrupción": "A xustiza ten que actuar con firmeza, caia quen caia"
- O Bolo terá novo alcalde este mes tras renunciar o ata agora rexedor para cumprir o pacto rotatorio do PSOE con Somos O Bolo
- O PPdeG insiste en pedir a Sánchez a convocatoria de eleccións para que os cidadáns poidan "decidir"
- Abel Losada descúlpase polas súas palabras sobre a falecida en Campo Lameiro: "Elixin mal as palabras. Non as conviccións"
- A Xunta pide por carta á ministra de Vivenda unha reunión