Caen case un 20% as ofertas laborais que requiren título universitario

ADE, Medicina, Biomedicina e Ciencias do Traballo, entre carreiras máis demandadas en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2025 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

As ofertas de emprego que requiren unha titulación universitaria esborralláronse en Galicia ao longo de 2024. En concreto, agora están presentes no 19,11%, o que supón que caeron 15,14 puntos porcentuais nun ano. Son datos que recolle un estudo realizado por Infoempleo e LHH Recruitment Solutions, consultora do Grupo Adecco, e que se publica a unha semana de que arrinquen as Probas de Acceso á Universidade (PAU) na maioría das comunidades autónomas, entre elas a galega.

A nivel estatal, a formación universitaria tamén sofre un retroceso, ata o 21,42%, aínda que non tan profundo como en Galicia, xa que a baixada é de só seis puntos en toda España. Administración e Dirección de Empresas (ADE), Medicina, Biomedicina e Ciencias do Traballo foron en 2024 o tres carreiras máis demandadas polas ofertas de emprego en Galicia.

ADE recuperou en 2024 a súa posición como titulación universitaria máis requirida para traballar, co 4,99% das vacantes o ano pasado, a pesar de caer 0,77 puntos. No entanto, cabe lembrar que en 2020 deixara de ser a primeira do ranking e que en 2023 estaba de cuarta. Na mesma liña, da terceira á segunda posición alzáronse os graos de Medicina e Biomedicina co 4,51% das vacantes, anque sofren un retroceso de catro puntos.

En terceiro lugar colócanse agora as ofertas que demandan Ciencias do Traballo, Relacións Laborais e Recursos Humanos, co 2,61%, tras crecer 1,63 puntos porcentuais no último ano, o maior incremento do ranking. A cuarta é ADE e Dereito, cun 2,14% das vacantes.

Un grupo de persoas entran na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela para realizar as probas de Formación Sanitaria Especializada convocada polo Ministerio de Sanidade, a 21 de xaneiro de 2023, en Santiago de Compo. César Arxina - Europa Press - Arquivo
Un grupo de persoas entran na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela para realizar as probas de Formación Sanitaria Especializada convocada polo Ministerio de Sanidade, a 21 de xaneiro de 2023, en Santiago de Compo. César Arxina - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta