Temas: XORNALISMO

"Con salarios de 500€ é dificil que un xornalista poida facer dignamente o seu traballo"

Paco González Sarria cre que os xornalistas aos que vence a apatía deixan de ser xornalistas. Se cadra por iso aceptou o desafío de tomar o mando do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Nesta entrevista, o novo decano aborda sen medias tintas temas como a precariedade, a publicidade institucional e o papel da prensa escrita. Sobre as subvencións polo galego, di que son necesarias e constanta o inxusto do seu reparto.

Por Manuel Vilas | Ourense | 25/05/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Corren malos tempos para o xornalismo. A profesión sufría dende hai anos unha enorme precariedade laboral e coa crise acentuouse isto, e tamén a perda de consideración social da profesión por parte do público. Nestas condicións, que o animou a dar o paso adiante de asumir o decanato do Colexio? Non vai ser unha tarefa grata ...

Paco González Sarria diante mural de Vilamorena que lembra a declaración da revolución dos cravos
Paco González Sarria diante mural de Vilamorena que lembra a declaración da revolución dos cravos

Participo nos órganos de goberno do CPXG dende o seu nacemento e sei polo tanto que mais que un labor ingrato é un labor non sempre recoñecido. Non importa. Sentinme tan Decano cando era vogal nos 4 mandatos anteriores coma poida selo agora. O que quero decir é que me sinto comprometido con esta institución. Sempre defendín que este era un cometido para alguén que non quixera facelo e ó final sentinme un pouco refén de esas verbas. En todo caso, por mais que poida resultar ou parecer o gratificante está en tentar facer canto esté na nosa man por srguir abondando na defensa da profesión.

Cales serán as prioridades da Xunta de Goberno que vostede lidera?

Ademais de consolidar o labor desenvolvido polas xuntas de goberno anteriores gostaríame dotar mellor a recén nada bolsa que lembra ó tan querido Nacho Mirás e ampliar o programa xornalismo na escola para que mais compañeiro en paro poidan trasladar os seus coñecementos ós centros de ensino públicos nas catro provincias. Sacar o mellor rendemento posible ós orzamentos (como viu ocorrindo ate o de agora) e tamén alza-la voz cando esté a producirse unha aldraxe á profesión e a liberdade de expresión son cuestións xa consustanciais ó labor de compromiso que ten esta institución dende o seu nacemento.

Na presentación do seu equipo vostede sinalou que a "a crise afecta gravemente á calidade das informacións que saen das redaccións". Non é demasiado simplista culpar da perda da credibilidade do xornalismo á crise? Ten algunha responsabilidade a propia apatía da profesión xornalística no seu conxunto?

Paco González Sarria locutando na radio Onda Cero Ourense
Paco González Sarria locutando na radio Onda Cero Ourense

Non creo que exista apatía na profesión. Desmotivación pode ser. Non é doado que con salarios de 500 euros e xornadas laborais que non teñen fin, un xornalista poida facer dignamente o traballo que lle é encomendado. Con todo hai constancia de que así ocorre en moitos casos, pero a precariedade cansa si o xornalista non ven a luz ó final do túnel. A crise limitou a financiación dos medios pola vía privada e a caída de ingresos conducíu a esa precariedade, cando non a desigualdade que en algúns casos coñecemos entre salarios executivos e salarios do xornalista de a pé. E difícil en calquera caso 'bordar' o xornalismo si este non está debidamente remunerado. Non creo en resumo en xornalistas apáticos. Cando un xornalista é apático deixa de ser xornalista.

A publicidade institucional é sen dúbida un dos factores que máis condiciona a labor profesional dos xornalistas. Tras case dúas décadas de promesas, o PP levou en febreiro ao Parlamento a Proposición de lei de publicidade institucional galega. Cal é a valoración do Colexio deste borrador a debate? Cre que a Lei é necesaria?

Temos moito interese en promover foros de debate sobre esta cuestión, anque sexamos conscientes de que cecais esto nos leve á frutración de non conseguir o noso propósito. En todo caso reivindicamos un reparto equitativo e fundamentado de subvencións e máxime cando, no caso do galego, resulta evidente que non están axustadas á realidade desenvolvida nos medios que reciben a maior parte. A Lei é necesaria.

 Ten esperanzas de que se aprobe antes da fin da lexislatura?

Non teño claro que sexa aprobada nesta lexislatura e moito me temo que; como outras; de aprobarse será papel mollado. E non sabes canto me agradaría estar errado!.

Na actualidade a inmensa maioría das axudas que dá o Goberno Galego para fomentar os medios en galego acaban en cabeceiras que fan un uso marxinal do idioma propio. En primeiro lugar, cre que deben exisitir axudas específicas para os medios en galego? No seu caso, cales deben ser os criterios de repartición?

o caso concreto do galego si considero que debe haber un apoio específico da administración e dende logo que non semelle que estas semellen que teñen dono dende antes de ser convocadas. Os criterios deberían ter en conta o uso periódico do galego, e non ocasional, a difusión, os contidos...

Vostede traballou para prácticamente todos os grandes xornais tradicionais do país (La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, El País ...). As súas ventas en papel levan anos diminuíndo, cre que manteñen o liderado da conformación da opinión pública en Galicia?

A prensa escrita galega ten un papel fundamental en Galicia á hora de conformar opinión. Medra, si, o peso dos dixitais, pero debemos pensar que o acceso a estos non está o alcance dos cidadáns do mesmo xeito que os xornais convencionais. Pero mais que que creen opinón e a lideren, o que debe interesarnos en ambos casos é que, sendo así, medre o emprego e a calidade do mesmo.

Dentro de nada haberá miles de mozos galegos escollendo que carreira universitaria comezar. Vista a súa experincia e realidade da profesión a pé da rúa, que vostede mesmo cualificou de "desoladora" recomendaríalles escoller xornalismo? Ou tentaría quitarlles a idea da cabeza?

Cando comezaba nesto houbo quen me fixo reflexionar sobre un aspecto da titulación universitaria que non esquecín. "Podes estudiar Dereito, Arquitectura ou Económica e exercer o Xornalismo. Mais si estudias Xornalismo non podes exerce-la Arquitectura, ou o Dereito...." Non sei si esto resposta á pregunta, pero en todo caso engadiría que eu aprendín a profesión con moitos compañeiros que non pasaron polas Facultades (cando non as había), como tamén sei que hoxe deberían ser as Facultades os únicos camiños para acceder á este oficio. Todo chegará.

Temas: XORNALISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Santi Roi

Agás na TVG, onde os xornalistas gañan arredor de 3.000 euros netos/mes por 16 pagas, con xornadas semanais de 35 horas, vacacións e libranzas que suman 45 días/ano, o resto dos profesionais sofren os efectos da crise de maneira brutal. Non hai dereito a esta discriminación público/privada.

1 Pékora

Santi Roi.. estaste tirando da moto! Documéntate e despois fala. Non debes ser moi bo xornalista..

1 Ertert

Tivesen collido mellor oficio, ou non?