Un home loita contra a corrente ata acadar a costa

Servizos de emerxencia acudiron á zona tras recibir múltiples avisos de particulares ao 112.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/06/2025 | Actualizada ás 20:44

Comparte esta noticia

Un operativo tivo que ser activado este domingo para rescatar a unha persoa na praia da Frouxeira, en Valdoviño (A Coruña). Tras loitar contra a corrente durante varios minutos, finalmente, o afectado logrou saír da auga polos seus propios medios tras chegar a unhas rocas.

Segundo informa o 112 Galicia, foi pasadas as 18.30 horas cando recibiron a chamada de diversos particulares, que alertaron de que unha persoa estaba a ser arrastrada polo mar. Ata alí desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil, Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Valdoviño. Con todo, a persoa afectada estivo consciente en todo momento, pero presentaba síntomas de esgotamento.

Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo / Europa Press
Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta