A Xunta activará este mércores descontos de ata 30 euros por persoa cos bonos 'Activa Comercio'

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2025 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou para este mércores a apertura dunha nova edición dos bonos 'Activa Comercio', que contarán con descontos de ata 30 euros por beneficiario. Así o anunciou o titular do Executivo galego durante a comparecencia posterior ao Consello da Xunta deste luns. Nela, avanzou que, a medida conta cun investimento de 2,5 millóns de euros e a través desta convocatoria, pretende mobilizar 8,5 millóns de euros en vendas nos negocios de proximidade.

En concreto, Rueda adiantou que "a partir deste mércores ás 09.00 horas", as persoas consumidoras interesadas poderán descargarse un bono desconto de 30 euros na web da iniciativa para utilizalo directamente na adquisición de produtos e servizos nos comercios adheridos.

Os bonos terán formato dixital QR e estarán dispoñibles nunha aplicación móbil, de maneira que, o importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, as compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalles un desconto de 5 euros. Naquelas iguais ou superiores a 30 euros, será de rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 será de 10 euros e a partir de 50 o desconto alcanzará os 15 euros.

Ademais, lembrou que esta medida está destinada a axudar a que os cidadáns "aforren nas súas compras" e impulsar un "sector crave" para a economía e vitalidade das vilas e cidades como é o comercio.

O  titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, durante a comparecencia posterior ao Consello da Xunta. DAVID CABEZÓN
O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, durante a comparecencia posterior ao Consello da Xunta. DAVID CABEZÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta