As familias coidadoras xa poden solicitar as axudas para 'Respiro familiar'

Os coidadores habituais poderán acceder a prestacións para a contratación dun servizo a domicilio ou para estancias temporais en residencias ou centros de día

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2025 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia lembra que xa está aberto o prazo para que as familias coidadoras que o desexen poden solicitar as achegas económicas correspondentes ao programa respiro familiar.

Segundo destacan nun comunicado, a través desta nova convocatoria que está aberta ata o 15 de outubro, os coidadores habituais poderán acceder a prestacións para a contratación dun servizo a domicilio ou para estancias temporais en residencias ou centros de día, co obxectivo de facilitar o seu descanso e conciliación.

O programa 'Respiro Familiar' ofrece axudas de 1.500 euros para estancias temporais en residencias ou de 1.000 euros para contratar os servizos puntuais en centros de día ou a atención dun coidador no propio domicilio.

O Goberno galego destina a esta iniciativa un orzamento inicial de 1.1 millóns de euros para o tres modalidades que se contemplan na iniciativa e que na anterior convocatoria do 2024 beneficiou a 982 persoas, atendendo todas as solicitudes rexistradas.

Coidados no fogar
Coidados no fogar | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta