Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 03/06/2025 | Actualizada ás 12:25
O Clúster da Pizarra de Galicia estará presente na Feira Stonegal do 3 ao 5 de xuño no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). Contará cun stand propio de 72 m2, “composto por paneis expositores nos que se expoñen as diferentes formas de colocación da lousa, tanto en fachada como en cuberta”, tal ecomo explicou o seu xerente, Severino González.
O obxectivo do Clúster, segundo indica tamén o seu representante, é “difundir as posibilidades que ten a pizarra no ámbito da construcción sostible”, nun contexto no que o público asistente a este evento, de referencia na Península Ibérica dedicado á pedra natural e aos seus usos, está conformado por “prescriptores, como son arquitectos, aparelladores e constructores”, matizou González.
STONEGAL 2025
Coa participación de 150 empresas líderes de Europa, América e Asia; cunha previsión de asistencia de máis de 3.000 personas, e con 15.000 metros cuadrados de exposición, Stonegal 2025 convértese nunha ocasión única para poder ver os productos máis novidosos do mercado e coñecer os últimos avances e tecnoloxías máis vangardistas en maquinaria e suministros.
De xeito paralelo, celebrarase un congreso que contará con conferencias, mesas redondas e obradoiros prácticos, conducidos por destacados referentes internacionais relacionados coa pedra natural.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.