Cristóbal Rodríguez, á gran final

O deportista lucense acada o pase para a final deste sábado no Mundial de Péntatlón Moderno que se celebra en Moscova tras un brillante segundo posto no seu grupo de clasificación. Xa está entre os 36 mellores do mundo.

Por gcdeportes | Lugo | 27/05/2016 | Actualizada ás 08:28

Comparte esta noticia

O galego Cristóbal Rodríguez acadou a súa clasificación para a final do Mundial de Péntatlon Moderno que se disputará este sábado en Moscova. O lucense fixo unha semifinal excepcional, logrando o segundo posto no seu grupo de 32 deportistas. Deste xeito, Cristóbal acadou o seu obxectivo fundamental na competición, que era entrar na gran final, pero ademais logrou facelo con boa nota.

Cristóbal Rodríguez, nun momento da combinada.
Cristóbal Rodríguez, nun momento da combinada. | Fonte: @Fegatripm

O pentatleta galego foi o cuarto clasificado na esgrima, cun total de 20 vitorias e 11 derrotas, mentres que na natación ocupou a 13ª posición (329 puntos). Así, todo quedaba pendente da combinada, onde normalmente o deportista galego sofre máis. Pero desta volta, todo o traballo realizado nos últimos meses adestrando no Centro Galego de Tecnificación Deportivo, viuse reflictido no resultado: Cristóbal Rodríguez fixo a novena posición (614 puntos) e acadou así a segunda posición do seu grupo cun total de 1.179 puntos.

Deste xeito, o lucense logrou a clasificación para a gran final deste sábado en Moscova, na que só estarán os 36 mellores do mundo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta