Primeiro turco no Dépor

O Deportivo anuncia a súa primeira fichaxe para a vindeira campaña: Emre Çolak, mediapunta de 25 anos procedente do Galatasaray, que se converterá no primeiro xogador turco na historia do Dépor. Ficha por tres tempadas.

Por gcdeportes | A Coruña | 28/05/2016 | Actualizada ás 08:49

Comparte esta noticia

Emre Çolak, mediapunta de 25 anos procedente do Galatasaray, será o primeiro xogador turco na historia do Deportivo. Antes incluso de anunciar quen será o adestrador deportivista para a vindeira campaña, o club coruñés desvelou a súa primeira fichaxe para o curso 2016-17. Çolak remataba contrato co seu equipo, con quen o xoves gañou (1-0) a Copa turca sendo titular ante o Fenerbahçe, e rexeitou a última oferta de renovación do seu club de toda a vida para fichar por tres tempadas polo Deportivo.

Zurdo habilidoso, con gran mobilidade e calidade técnica pero pouco físico (1,68 de estatura), Emre Çolak, que cumpriu 25 anos a semana pasada (20 de maio de 1991), disputou 30 partidos esta tempada, 18 de liga, nove de Copa, dous de Champions e a Supercopa, con tan só tres goles e tres asistencias. Toda a súa carreira desenvolveuse no Galatasaray, de onde agora sae para tentar triunfar co Deportivo.

A súa posición natural é centrocampista de ataque, sobre todo na mediapunta ou pola esquerda, aínda que esta campaña acabou xogando de mediocentro. Çolak vestiu a camisola da selección turca nas categorías inferiores e chegou a xogar dous partidos coa absoluta, pero no 2012.

Emre Çolak, do Galatasaray ao Dépor con 25 anos.
Emre Çolak, do Galatasaray ao Dépor con 25 anos.

Çolak poderá gozar a vindeira tempada co seu primeiro derbi galego, pero xa sabe o que é marcar un gol ao Celta. O pasado verán, na xira europea de pretempada, o Celta enfrontouse ao e o agora deportivista marcou o 1-0 cun penalti ao estilo Panenka.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 Celtarra 92

Putos turcos de mierda, ya lo sabíamos todos los gallegos. Arriba Pontevedra y arriba Celta.

1 Maximino

A túa curiosa forma de animar a dous equipos xa te delata, neno.

1 XPC

A salientar o lamentable comentario publicado polo Real Club Deportivo de La Coruña na súa conta oficial de Twitter: Benvido á 🇹🇷oruña @emrecolak1010! #DÉPOR1617 #KoruñaéTurkía O que faltaba por ver: "Koruña é Turkía". Pois vale...

1 XPC

Que un clube galego se identifique desta maneira cun estado tan pouco democrático como Turquía é impresentable.

2 Maximino

Hai que xogar as finais e gañalas ou gañar algún título e non dedicarse a buscar paridas para meterse co, xunto ao Celta, gran equipo de fútbol desta nosa nación.

3 XPC

Co teu brillante razoamento, como é que non es madridista? Xa que só pensas nos títulos e desprezas a quen non os ten... Eu do único que me queixei é dunha mensaxe absolutamente fóra de lugar no que un dos grandes clubes galegos identifica a unha das grandes cidades galegas cun estado tan pouco democrático como o turco. Máis nada (nesta ocasión).