Derrotar ao PP é a “prioridade absoluta” de ANOVA e Beiras

O socio nacionalista de En Marea aparca a polémica con Podemos e Esquerda Unida para lograr unha “unidade popular real”. Agora ben, Beiras advírtenlle que a súa paciencia ten límites.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/05/2016 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

A Coordinadora Nacional de Anova-IN reuniuse hoxe sábado, 28 de maio de 2016, en Teo. O partido de Xosé Manuel Beiras lanzou unha mensaxe ambivalente aos seus socios de En Marea. Por unha parte, de apoio, chamando a contruír a coalición dende a base. Por outra, de distanciamento, advertindo que entre esas mesmas bases existe a demanda dunha “democratización e territorialización de En Marea, para facer desta confluencia un ente moito máis participativo, moito máis plural, no que funcione a democracia de base e o asemblearismo no sentido estrito”.

Coordinadora Nacional de Anova o 28 de maio de 2016
Coordinadora Nacional de Anova o 28 de maio de 2016

Xosé Manuel Beiras expresou esta demanda dunha “unidade popular real” advertindo que aos seus socios que ANOVA ten “límites”. “Hai límites éticos, está claro?”, incidiu en declaracións aos medios tras a reunión. 

O líder dos nacionalistas dixo que a coalición non está en perigo pero repetiu que os outros socios -Podemos e Esquerda Unida- deben avanzar tamén no proceso de institucionalización de En Marea como suxeito propio. Proceso que ANOVA quería plasmar nun partido instrumental para as xerais. Un obxectivo ao que final tivo que renunciar malia ser o preferido pola súa militancia. Para Beiras isto supón unha contradición co discurso “de asamblearismo, de libre decisión, de decisión dos pobos e de que o pobo é o que máis ordena".

"O que pasa é que temos que ser moi conscientes de que hai un inimigo común que hai que derrotar. Anova opera con este criterio e damos exemplo e, por tanto, os demais cadros políticos, aqueles que non operen así, é a súa responsabilidade. Nós apostamos pola unidade popular e non está en perigo a unidade popular”, declarou o veterano político quitándolle ferro a situación.

En definitiva, ANOVA parece disposta a implicarse na campaña de En Marea pero non oculta que está decepcionada coa postura dos seus socios. Lastrará isto os resultados? Beiras responde que repetir o éxito do 20D o vindeiro 26 de xuño "depende de facelo ben, de que funcionemos en cooperación entre todos os sectores, organizados ou non, e que nesa pluralidade teñamos moi claro o inimigo para bater e a prioridade absoluta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

15 Agetas das targetas

A prioridade absoluta foi poñer como innegociable un hipotético referendum catalán para non apoiar unha alternativa ao Partido Popular. Permitir que goberne Rajoy outros catro anos é a única prioridade absoluta de Podemos, da que Anova é un simple criado.

14 arzuacapital

Dá pena ver a onde chegou Beiras e rodeado de que xentiña. El o buscou, tirar para diante con trepas e buscavidas, salvo honrosas excepcións. A foto fala por si mesma do nivelón da "vangarada" que procurou.

13 Souto

A ti Beiras pásache como a Stephen Hawking. Cando se fixo maior como non poido facer unha ecuación que permitira xuntar as 3 forzas da natureza, no derradeiro livro que publicou xa meteu a Deus. Así zafábase da súa tarefa principal á que adicou toda a súa vida e veu que non poido ser. A tí pásache o mesmo. Pero en política e na Galiza. Eu non tenho ese impedimento. Son máis ou menos ceibe e non tenho que dar contas a ninguén. Por iso son nacionalista sen ambaxes.

12 B. Soteliño

Beiras quere que lle recoñezan a autonomia rexional nun partido centralista e xacobino como Podemos. E iso que en Podemos estaban pola autodeterminacion dos pobos! Na teoria, claro, que na practica nin deciden as bases nin autonomia teñen (igual que Ciudadanos, o dedo escolle e as bases a calar). Con todo pouco cambio se agarda, pois para ser comparsa do PsoEspañol, como foi o BNG a cambio de alimento para a tropa, e como estan sendo as Mareas, tampouco fai falla que Beiras se alporice tanto... Postureo para que os de sempre teñan o poder, pois tanto se parecen Pablo Iglesias ao Felipe Gonzalez do cambiazo! Postureo de Beiras para a galeria..., ate que nos cansemos de engordar o ego da figura do impostor!

1 per

Totalmente dacordo

11 semelwaise

impuxeron o pp durante 6 meses... aqui esta o resultado do -vieirismo en podreiros, lamentabel e gran estafador, minten como respiran -COMENZA A NOITE DOS COITELOS LARGOS EN PODREIROS!!!! ESTO NON VAI SER COMO PURGA DE ANOVA, ONDE OS ANOVADOS FORON REANOVADOS, ONDE HOUBO AUTENTICAS ESCEAS DE MIEDITES, NON ESTA VEZ A MACABRANCIA DO VELLO VAI SER TERRIBEL NIN O TERROR DE CALIFA BAGDADI LLE VAI CHEGAR OS DEDOS DO PE... ESTO VAI SER GRAVE... VAIAN CHAMANDO O TERRACULA DO POBO (je-je non, non vai pasar nada o .vieiras esta nas ultimas e tragara con todo, o importante e un carguiño si non pode ser presidente pois senador, conselleiro de cultura, ou calisquer cousa... algo que levarse a reborainas)