Derrotar ao PP é a “prioridade absoluta” de ANOVA e Beiras

O socio nacionalista de En Marea aparca a polémica con Podemos e Esquerda Unida para lograr unha “unidade popular real”. Agora ben, Beiras advírtenlle que a súa paciencia ten límites.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/05/2016 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

A Coordinadora Nacional de Anova-IN reuniuse hoxe sábado, 28 de maio de 2016, en Teo. O partido de Xosé Manuel Beiras lanzou unha mensaxe ambivalente aos seus socios de En Marea. Por unha parte, de apoio, chamando a contruír a coalición dende a base. Por outra, de distanciamento, advertindo que entre esas mesmas bases existe a demanda dunha “democratización e territorialización de En Marea, para facer desta confluencia un ente moito máis participativo, moito máis plural, no que funcione a democracia de base e o asemblearismo no sentido estrito”.

Coordinadora Nacional de Anova o 28 de maio de 2016
Coordinadora Nacional de Anova o 28 de maio de 2016

Xosé Manuel Beiras expresou esta demanda dunha “unidade popular real” advertindo que aos seus socios que ANOVA ten “límites”. “Hai límites éticos, está claro?”, incidiu en declaracións aos medios tras a reunión. 

O líder dos nacionalistas dixo que a coalición non está en perigo pero repetiu que os outros socios -Podemos e Esquerda Unida- deben avanzar tamén no proceso de institucionalización de En Marea como suxeito propio. Proceso que ANOVA quería plasmar nun partido instrumental para as xerais. Un obxectivo ao que final tivo que renunciar malia ser o preferido pola súa militancia. Para Beiras isto supón unha contradición co discurso “de asamblearismo, de libre decisión, de decisión dos pobos e de que o pobo é o que máis ordena".

"O que pasa é que temos que ser moi conscientes de que hai un inimigo común que hai que derrotar. Anova opera con este criterio e damos exemplo e, por tanto, os demais cadros políticos, aqueles que non operen así, é a súa responsabilidade. Nós apostamos pola unidade popular e non está en perigo a unidade popular”, declarou o veterano político quitándolle ferro a situación.

En definitiva, ANOVA parece disposta a implicarse na campaña de En Marea pero non oculta que está decepcionada coa postura dos seus socios. Lastrará isto os resultados? Beiras responde que repetir o éxito do 20D o vindeiro 26 de xuño "depende de facelo ben, de que funcionemos en cooperación entre todos os sectores, organizados ou non, e que nesa pluralidade teñamos moi claro o inimigo para bater e a prioridade absoluta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

5 Comunista

Ladrade bloqueiros! Ladrade contra Anova e as Mareas. A ver se así os vosos amos da banca española vos perdoan os vosos pufos millonarios.

1 anonimo

Cando despois das eleccions xerais se fale mais do "dereito a decidir" ou dunha mellor financiacion para Catalunya que dos reclamos dos sectores economicos galegos (pescal, lecteo, etc), da necesidade dunha tarifa electrica galega (por sermos productores de enerxia), ou de medidas para solucionar o problema demografico que temos en Galiza, enton xa veremos como de util é o voto as Mareas. Pq a realidade é que Catalunya e Euskadi van para arriba en economia e demografia, mentras Galiza para abaixo e algo tera que ver que gobernan os nacionalistas e non fan tanto seguidismo de Madrid.

2 carballo

Pois mira eu non son bloqueiro, estiven nunha marea ata hai uns meses e digoche que esta xente é un timo, moita reunión guai, moita pose democràtica guai, moito falar e falar, pero agas algunha xente, todxs mais do mesmo cunha careta diferente e vendendo fume e arrogandose unha representación popular que non teñen...sad but true. Hai Feijoo para rato.

4 AMOXEGADOR

O negativo de toda esta aventura é que toda esta gente já pensam como espanhóis.

3 anonimo

Iso, primeiro salvamos España e Galiza pode agardar. Da igual que Galiza non teña grupo parlamentario propio ou que os intereses de Galiza conten menos que os catalans ou valencianos. ¿E que pasa se o final hai gran coalición PPSOEC´S?. Pois non serviria de nada a "gan confluencia" da esquerda e ainda por riba o nacionalismo galego non teria peso no parlamento español, xa que estaria integrado dentro de Podemos e dividido en votos entre Anova (En Marea) e BNG.

2 Petouto

Con Beiras o PP está acabado, he, he. Igual que tódalas veces que se presentou. Claro que agora ten máis experiencia... en levar palizas. Como non se busque alguén equilibrado, imos aviados.

1 Juas

Que si campeones que igual se o repetides moito. En 4 meses teatro ópera bufa 0 leis do PP tumbadas e Rajoy vivo e coleando.