Presentación das novas axudas da Axencia Galega de Innovación e o CDTI

O vindeiro mércores 1 de xuño Tecnópole acollerá a presentación dos últimos instrumentos de apoio e financiamento que ofrecen ás empresas a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), en especial o programa FEDER-Innterconecta, cuxo prazo de recepción de solicitudes está aberto.

Por GC Emprende | Ourense | 28/05/2016 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

O director xerente de Tecnópole, Ricardo Capilla, abrirá a xornada. A continuación, Raúl García Esparza, da Dirección de Promoción e Coordinación do CDTI, exporá os instrumentos de apoio á I+D+I empresarial ofertados por este organismo, en especial o programa FEDER-Innterconecta, con 50 millóns de euros para proxectos de innovación interrexionais e aberto a propostas até o 20 de xuño. Os asistentes poderán coñecer tamén de primeira man a experiencia de empresas participantes en anteriores edicións do programa.

Edificio da Tecnópole en Ourense
Edificio da Tecnópole en Ourense

O persoal de GAIN explicará o novo programa Principia, co que a Xunta destina 3 millóns de euros para favorecer a contratación de 300 profesionais en actividades de I+D+I en empresas galegas, a través de axudas de 10.000 euros para contratos durante un período mínimo dun ano.

Os participantes poderán concertar reunións con técnicos do CDTI e de GAIN para revisar as súas propostas e resolver dúbidas.

A inscrición pode formalizarse aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta