Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 06/06/2025 | Actualizada ás 17:54
A Garda Civil do Posto Principal do Milladoiro detivo a unha muller como presunta autora de tres delitos de furto en xoiarías da provincia da Coruña e Pontevedra e outro de pertenza a grupo criminal, na fase de explotación da operación 'The Pohs', iniciada a raíz dos tres roubos en xoiarías ubicadas nos concellos de Ames, Padrón e O Grove. No transcurso da operación, os gardas civís comprobaron que o modus operandi utilizado era o mesmo e consistía en elixir xoiarías cun só dependente e sen clientes no seu interior.
Aproveitando esta situación de vulnerabilidade, a muller accedía ao local interesándose por algún produto, solicitando ver varios mostrarios. Posteriormente, accedía un varón, requirindo ver distinto xénero, e instantes despois un segundo varón, demandando cada un información de distintos artigos, sen interacción algunha entre eles, creando coas distintas peticións confusión e distración, aproveitando así un deles para a sustración dos mostrarios á vista, mentres no exterior agardaban outros dous individuos, un que realizaba as labores de vixilancia e outro no vehículo estacionado a pouco distancia e preparado para unha fuxida rápida do lugar.
Tamén averiguaron que o grupo estaba perfectamente coordinado, tres deles alugaban diferentes vivendas de uso turístico nos termos municipais de Santiago e Teo e empregábanas como base de operacións e outro encargábase de alugar os vehículos empregados para os desprazamentos. En todos os alugueres empregaban documentos de identidade falsificados dos seus países de orixe, tratando con iso de dificultar a labor investigadora. Trala análise exhaustiva da información recabada, a Garda Civil logrou a identificación dos cinco integrantes do grupo, sendo todos eles coñecidos das forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole ao longo de todo o territorio nacional.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Crece o número de licenzas para construír novas edificacións en Galicia
- Activan un operativo para buscar a un veciño de Caldas de Reis desaparecido
- O plan de ordenamento do polígono de Carballiño-Maside á espera da luz verde ambiental
- A CIG convoca unha folga no SAF o vindeiro 13 de agosto
- Xunta e Fegamp únense para elaborar un protocolo de protección para o persoal do SAF
- Liberan unha persoa do seu coche logo dunha saída de vía e caer por un desnivel en Cangas