Sabes que verán teremos en Galicia este ano?

Aemet advirte de que non será un verán habitual tras unha primavera "húmida e cálida".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2025 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

O verán é "probable" que sexa este ano en Galicia "máis cálido do normal", segundo as previsións avanzadas este xoves polo delegado da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) en Galicia, Francisco Infante, en relación a xuño, xullo e agosto.

En canto a precipitación, indicou que os perfís deste tres meses estímase que sexan "moi similares". "Vaise a comportar como un verán climatolóxicamente normal, por iso, non esperamos precipitacións porque no verán chove pouco". Respecto dos próximos días, recalcou que o "máis rechamante" é que a semana seguinte haberá "outro episodio de calor". Ao final da mesma, xornadas previas a San Juan, sinalou que "parece que vén un pouco de inestabilidade, aínda que estamos moi lonxe para facer un prognóstico fiable", dixo sobre ese día.

PRIMAVERA "HÚMIDA E CÁLIDA"

Infante expuxo estes aspectos tras explicar que a primavera foi "húmida e moi cálida", aínda que non excepcional neste sentido, cun "marzo frío, un abril moi cálido e un mes de maio cálido". Así mesmo, destacou abril por ser "moi chuvioso", aínda que precisou que esta primavera estivo "lonxe da de 2001 na que choveu un 85% máis do normal".

Neste sentido, apuntou que viña de "tres primaveras máis secas do normal" e que esta foi a que "rompeu a serie". Xa sobre as temperaturas, destacou o 2 de marzo con 6,8 graos baixo cero en Xinzo de Limia, en Ourense. Á súa vez, abril foi o sexto máis cálido da serie histórica, rexistros que comezaron a recollerse no ano 1961.

No que se refire a maio, foi cálido, con temperaturas de 37,7 graos o día 29 en Ourense. Deste mes, resaltou tamén a treboada do 18 nas Pontes (A Coruña) tras rexistrarse "en poucas horas máis de 50 litros por metro cadrado". Xa sobre xuño, Infante fixo fincapé nas treboadas da madrugada do mércores, "con máis de 1.400 raios en Galicia".

En relación ao balance hídrico, remarcou que en xeral en España estase en "superávit" en canto a precipitacións, tamén en Galicia. "Unha situación normal moi lonxe do valor que marca o inicio de posibles secas", apostilou.

Praia de Arteixo
Praia de Arteixo | Fonte: AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta