A renda na agricultura en Galicia sofre un estancamento fronte á subida en España

Trátase do traballo 'A economía galega. Informe 2024', unha publicación elaborada polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), dependente da Universidade de Santiago de Compostela e que conta co apoio da Deputación coruñesa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2025 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Un estudo elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) apunta ao estancamento da renda na agricultura en Galicia fronte á subida tanto en España como en Europa mentres que na pesca enumera problemas como a caída da descarga en lonxa ou o descenso da demanda.

Trátase do traballo 'A economía galega. Informe 2024', unha publicación elaborada polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), dependente da Universidade de Santiago de Compostela e que conta co apoio da Deputación coruñesa.

Na presentación, participaron o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, e os profesores da USC Dolores Riveiro García e Roberto Bande Ramudo, coordinadores do traballo.

Do mesmo, indicaron que o traballo analiza o incremento da ocupación na industria (nun 9%) e a baixada do sector servizos; a subida das exportacións, coa automoción e o téxtil á cabeza ou o alto prezo dos alugueres, que aumentaron un 7,9 nalgunhas zonas urbanas.

Sobre a evolución do mercado de traballo, remarcaron que foi "bo" aínda que apostilaron que o ritmo de crecemento do emprego está "a retardarse" o que consideraron preocupante. Así, dixeron que mentres a economía española xa recuperou os niveis de ocupación previos a 2008 a galega "non foi capaz aínda".

Mentres, o presidente provincial incididó en cuestións como a repercusión dos aranceis de Estados Unidos ou a necesidade de incentivar a cualificación en sectores que demandan profesionais. Tamén aludiu á dinamización económica como un dos alicerces das políticas progresistas. "Dela depende o sostemento dos servizos públicos", aseverou.

Presentación dun estudo económico da USC na Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Presentación dun estudo económico da USC na Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta