O alcalde que utiliza traballadores municipais para as “churrascadas” do PP

O PSOE acusa o alcalde de Tordoia de utilizar recursos públicos "con fins electorais" ao poñer aos operarios municipais a organizar unha festa popular.

Por Galicia Confidencial | Tordoia | 16/06/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Xa se produciu a primeira denuncia electoral. O voceiro do PSOE de Tordoia (A Coruña), Carlos García, denunciou ante a Garda Civil de Ordes ao alcalde, o popular Antonio Pereiro, pola utilización de "recursos públicos con fins privados e electorais" por empregar "operarios da Casa do concello nun terreo privado no que se celebrou unha churrascada a favor do PP".

O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, coa conselleira Beatriz Mato
O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, coa conselleira Beatriz Mato | Fonte: Xunta

A través dun comunicado, o voceiro socialista local asegurou que os feitos tiveron lugar o pasado xoves, cando uns veciños de Pontepedra comunicaron que uns operarios municipais estaban a "montar unha carpa", "limpando a maleza" e "descargando cadeiras" nun terreo privado coñecido como 'O Muíño'.

Ao respecto, Carlos García indicou que o seu partido fixo un seguimento destes traballos, que se prolongaron un día máis. Finalmente, asegurou que o pasado sábado houbo unha "churrascada", presuntamente organizada polo rexedor á que, ademais deste, asistiron "concelleiros do PP".

En concreto, a denuncia realizada polos membros do PSOE sinala que ese terreo non pertence ao Concello e o que o muíño situado no seu interior é propiedade do alcalde. Ao respecto, o voceiro municipal do PSOE indicou que a súa formación política non está en contra dos actos electorais, senón do seu financiamento mediante as arcas municipais.

Finalmente, Carlos García denunciou que as patrullas de obras e as carpas do Concello están "para outras cousas", non para "preparalo" as "churrascadas" ao PP de Tordoia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 CUCHIPANDA EXPAÑOLENTA

OS PODREIROS DE MAREYAS fixeron o mesmo traeron alcaldes rupturistas como a colacau e a vella de mandriles... que estan matando o pobo de fame (a xente queria comer e lles deron socialdemocracia en a barceloneta o que lles deron foron paos as cup) pois posiblemente puxeron facturas de restaurantes GRAN -VIEIRAS e paparotas... pero non para o pobo sinon para os politicos da prebenda esta de PODREIROS-MAREYAS (antiguo AGE)

3 roturistas

Menuda panda igualiño que os alcaldes do cambio que empregan cartos públicos para convidar a xantar e facer camapaña os alcaldes doutras cidades do estado, polo menos os PProdeiros convidaron a churrasco o pobo que é moi agradecido despois co voto, caciquismo puro e duro o deste alcalde e malgasto de caudais públicos o outro.

2 Churrasquinho

A solución é que preparen os traballadores municipais churrascadas para os outros tamén e listo.

1 Montesío

Españistán en estado puro.