26X, un acto de responsabilidade

Este 26X os cidadáns temos unha cita moi importante, temos que actuar exercendo un acto de responsabilidade. Primeiramente debemos de ir votar, non debemos deixarnos levar polo cansazo ou polo hastío, debemos ser conscientes de que a nosa opinión, o noso voto, é unha parte moi importante da democracia, e que estes señores que din representarnos dependen da nosa vontade, dependen de que en este momento digámoslles basta, ata aquí chegamos, non queremos que xoguen vostedes máis co noso diñeiro, coas nosas vidas.

Por Carlos González Armada | Vigo | 20/06/2016

Comparte esta noticia

A segunda parte deste acto de responsabilidade é votar ben, votar en conciencia, e iso é o que humildemente podería pedir o que subscribe. ¿Que é votar con responsabilidade?. Segundo entendo é votar en conciencia pola opción que creamos que realmente pode axudar a resolver os problemas actuais da nosa sociedade enferma. Segundo eu véxoo, e ese será o meu voto en conciencia, só temos a opción de EnMarea porque o resto xa demostrou que non saben, non queren, ou non poden, o resto, BNG, PSOE e PP, xa demostraron que a súa forma de xestionar só benefícialles a eles mesmos

Eu creo, e o creo en conciencia, que EnMarea co seu concepto actual non é a solución definitiva, senón un parche, pero ou parcheamos a sociedade actual ou perderemos todo o aire e quedaremos inservibles. É necesario parchear nosa sociedade e a partir de aí mellorar, democratizar, ampliar, deixar máis marxe á cidadanía, escoitar e colaborar máis.....facelo mellor en definitiva, pero de momento EnMarea é a única opción que temos para facer palanca, para expulsar aos políticos corruptos que campan ás súas anchas e fan e desfán co noso diñeiro, co diñeiro de todos

Creo que é EnMarea a opción natural dos cidadáns "de abaixo", pero ademais creo que na candidatura ao Senado deberiamos de escoller dentro da oferta de EnMarea a mellor opción que teñamos, e según eu o vexoo Xose Luís Méndez Ferrín que e un escritor Galego amplamente recoñecido como un dos máis importantes e representativos da nosa literatura, que é Doutor en Filoloxía, e que foi presidente da Real Academia Galega (RAG), e a mellor opción que existe dentro de EnMarea na provincia de Pontevedra....dentro en tambem fora....e sinceramente a mellor opción dos Galegos para o Senado.

Creo sinceramente que Méndez Ferrin sería o mellor representante para nosa cámara territorial, e por iso quero manifestar o meu apoio persoal á súa candidatura, e tambem o de Xuntos, porque creo que debemos ter este 26X ese acto de responsabilidade máxima, e que por iso debemos de poñer as nosas cartas boca arriba, xa non valen escusas, ou participa o pobo ou os de sempre terminaran co noso estado de benestar, e despois non valerá pensar no que puido ser e non foi, despois xa non haberá solución.... por iso debo pedir aos cidadáns que exerzan seu dereito e que o fagan en conciencia e con responsabilidade, a miña opinion xa e pública, ágora a de ustedes ten que ser a que decida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA