O incendio de Cualedro chega ás 50 hectáreas queimadas

Traballan na zona un total de 7 helicópteros, 4 avións, 14 motobombas, 19 brigadas, 15 axentes, 3 pas e 3 técnicos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/07/2025 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

O incendio no municipio de Cualedro, iniciado na tarde do pasado mércores na parroquia de San Millao, continúa activo este xoves tras arrasar 50 hectáreas en territorio galego, un lume que saltou a terreo de Portugal. Segundo detalla a Consellería do Medio Rural a Europa Press, os medios que participaron nas tarefas de extinción son: 7 helicópteros, 4 avións, 14 motobombas, 19 brigadas, 15 axentes, 3 pas e 3 técnicos. Entre os efectivos figuran tamén os bombeiros de Países Baixos que realizan unha estancia formativa en Galicia enmarcada no mecanismo europeo de Protección Civil.

Zona queimada en Cualedro
Zona queimada en Cualedro | Fonte: Rosa Vega - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta